O colectivo Precarias pola Atención Primaria ve un erro en desconvocar a folga por "unha promesa vaga de diálogo"

A agrupación ve "insuficiente" crear o Consello Técnico para cesar as mobilizacións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/04/2019 | Actualizada ás 13:45

Comparte esta noticia

O colectivo Precarias pola Atención Primaria considera "totalmente insuficiente" crear o Consello Técnico de Atención Primaria para desconvocar a folga de tres días cuxo inicio estaba previsto para este martes despois do acordo ao que chegaron os convocantes co Sergas.

A través dun comunicado de prensa, Precarias pola Atención Primaria explicou que "non apoia" a desconvocatoria dos paros do 9, 10 e 11 de abril, como así lle manifestou aos sindicatos e resto de colectivos presentes no comité de folga, motivo polo que non asinaron a acta.

"Pensamos que a oferta feita pola Consellería de Sanidade de constituír un Consello Técnico de Atención Primaria é totalmente insuficiente dada a situación de alarma na que se atopa o noso sistema de saúde e non dá resposta ás reivindicacións da protesta", considera este colectivo.

Por iso, ve un "erro parar a mobilización" por "unha promesa vaga de diálogo". "E sabemos que este é un sentir compartido entre as profesionais da sanidade pública", abunda.

Deste xeito, avisa de que continuarán coas súas "accións" para lograr os seus "obxectivos" que se centran en "o fin da precariedade laboral e a mellora global dunha Atención Primaria ferida de morte".

Entrega de firmas médicos de atención primaria. COLECTIVO DE MÉDICOS DE ATENCIÓN PRIMARIA
Entrega de firmas médicos de atención primaria. COLECTIVO DE MÉDICOS DE ATENCIÓN PRIMARIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta