A Xunta acusa a Sánchez de estar a penalizar á industria galega por "intereses" de carácter electoral

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, afirmou que as actuacións de Sánchez están a ter "consecuencias moi graves" para a a economía galega.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/04/2019 | Actualizada ás 14:41

Comparte esta noticia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, acusou ao Goberno central que dirixe o socialista Pedro Sánchez de estar "a penalizar a Galicia" polos seus "intereses" de carácter electoral.

Nunha comparecencia a petición propia no pleno do Parlamento, o membro do Executivo do popular Alberto Núñez Feijóo afirmou que as actuacións de Sánchez están a ter "consecuencias moi graves" para a industria e para a economía galega.

Francisco Conde
Francisco Conde | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta