Máis de medio millón de euros para a recuperación dunha aldea no concello de Pedrafita

O Ministerio de Fomento convocou un concurso de proxectos con xurado para a selección do dez propostas que completan o conxunto da intervención.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/04/2019 | Actualizada ás 18:21

Comparte esta noticia

O Ministerio de Fomento adxudicou por máis de 596.000 euros as obras de recuperación da aldea de Fonfría, situada no municipio lugués de Pedrafita do Cebreiro e por onde transcorre o Camiño Francés. Segundo informa o departamento que encabeza José Luís Ábalos, a actuación, que se encadra no conxunto de accións para mellorar as rutas do Camiño de Santiago na Coruña e Lugo, consistirá na redución de impato visual das edificacións na zona.

O Ministerio de Fomento convocou un concurso de proxectos con xurado para a selección do dez propostas que completan o conxunto da intervención. As obras, que corresponden ao primeiro proxecto que se licitou, está previsto que arrinquen o próximo mes de maio e executaranse nun período de seis meses.

A actuación contempla a pavimentación do Camiño de Santiago ao seu paso polo núcleo de Fonfría, onde tamén levará a cabo o tratamento das zonas de acceso ás edificacións adxacentes, o soterramento de instalacións de saneamento, abastecemento, electricidade, iluminación e telecomunicacións.

Ademais, o proxecto tamén consiste na instalación dun novo sistema de iluminación "máis acorde" co carácter patrimonial do núcleo e no que se terán en conta criterios actuais de eficiencia enerxética, segundo destaca o Ministerio de Fomento.

Palloza no Cebreiro, nos Ancares
Palloza no Cebreiro, nos Ancares | Fonte: Miguel Núñez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta