Libera ofrece unha nova recompensa por información sobre os cachorros abandonados nun colector en Vilagarcía

Protección Civil rescatou os catro cans dun contedor de vidro en Aralde e considera que existe responsabilidade penal neste abandono.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/04/2019 | Actualizada ás 12:14

Comparte esta noticia

A asociación animalista Libera ofrece 1.500 euros como recompensa a quen ofreza información sobre o abandono de catro cachorros de can nun colector de vidro no lugar de Aralde, en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). Libera tacha de "sádico" este abandono duns animais que foron rescatados por Protección Civil, pero que "puideron morrer de forma cruel, esmagados por botellas ou desangrados polos envases rotos".

Protección Civil cos cachorros rescatados. LIBERA
Protección Civil cos cachorros rescatados. LIBERA | Fonte: Europa Press

De feito, considera que "existe unha responsabilidade penal neste abandono", ademais de tachar o acto como "covarde", dado que estas crías "necesitan un coidado especial durante as primeiras semanas de vida". Recentemente, Libera xa ofreceu unha recompensa para tentar localizar ao responsable de facer unha disparo que acabou coa vida dun gato en Vilagarcía.

Os animalistas mostran a súa preocupación pola proliferación de contextos de malos tratos animais ante "a pasividade" das autoridades autonómicas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta