En Común e Unións Agrarias piden investimento para frear o declive demográfico

cre necesario "reverter" os recortes no rural, de forma que os seus habitantes deixen de ser "cidadáns de segunda" sen poder acceder en igualdade de condicións a servizos básicos como educación e sanidade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/04/2019 | Actualizada ás 15:43

Comparte esta noticia

A cabeza de lista pola Coruña de En Común-Unidas Podemos, Antón Gómez-Reino, e o secretario xeral de Unións Agrarias (UU.AA.), Roberto García, mantiveron este mércores un encontro no que abordaron prioridades para a próxima lexislatura como apostar polo investimento para combater os problemas demográficos co fin de conseguir unha substitución xeracional de produtores. A loita contra os incendios e a defensa dos gandeiros lácteos foron outros temas tratados.

En declaracións aos medios en Santiago, Gómez-Reino destacou que hai "numerosas dificultades e retos" para o rural galego, polo que "fundamental que os problemas dos galegos estean en Madrid. Este encontro prodúcese no marco de reunións con entidades sociais e sindicais que realiza En Común. De tal forma, hai "moitos temas que preocupan" como o lácteo, que "é un sector absolutamente central", "Dunha vez por todas", di, "hai que sentar á industria" e á "gran distribución" para que non se condicionen os prezos que perciben os gandeiros.

Nesta liña, Roberto García avisa de que na próxima lexislatura as "decisións políticas e normativas van ser imprescindibles para corrixir problemas que se arrastran desde hai tempo". Entre ela, inclúe o envellecemento dos produtores, que "non se corrixe só con declaracións públicas". Para iso, cre necesario "reverter" os recortes no rural, de forma que os seus habitantes deixen de ser "cidadáns de segunda" sen poder acceder en igualdade de condicións a servizos básicos como educación e sanidade.

Sobre este extremo, Gómez-Reino critica que a comisionada para o Reto Demográfico, a popular Edelmira Barreira, "en dous anos de lexislatura non fixo absolutamente nada". Remarca que son necesarias "políticas públicas e investimento no medio rural", pois non só debe a cuestións "natalistas". Aquí, o líder de UU.AA. reflexiona sobre que o monte "arde porque hai abandono", xa que onde hai aproveitamento económico e gandeiros "non hai lume". Por iso, ve necesario devolver a actividade ao rural para fomentar a substitución xeracional, pero para iso tamén ve necesario "lexislar" para corrixir desequilibrios de prezos.

Navia de Suarna, en Lugo
Navia de Suarna, en Lugo | Fonte: clubrural.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta