Máis de 700.000 euros para a mellora do marisqueo na ría de Ferrol a poucos días da campaña electoral

"Espero que a Deputación e o Ministerio de Fomento axuden a revitalizar a ría de Ferrol, se non teñen a gallardía de pór aquilo que a nós nos esixían, que o fagan co que poidan" di a conselleira de Mar.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/04/2019 | Actualizada ás 20:05

Comparte esta noticia

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, avanzou que o departamento destinará 752.000 euros ao plan de mellora do marisqueo na ría de Ferrol e instou ao Goberno e á Deputación a colaborar, cumprindo os compromisos que adquiriran.

"Espero que a Deputación e o Ministerio de Fomento axuden a revitalizar a ría de Ferrol, se non teñen a gallardía de pór aquilo que a nós nos esixían, que o fagan co que poidan", asegurou Rosa Quintana, no Parlamento, en resposta ao deputado do PP José Manuel Rey Varela.

O plan da Xunta permitirá, entre outras medidas, establecer un punto de control e vixilancia na zona das Pías, tanto para o control da produción como para a toma de datos científicos. Tamén prevé que se realice un proceso de achegue de 40.000 metros cadrados de áridos a petición das Confrarías de Ferrol e Barallobre.

En setembro de 2018, o Goberno comprometeuse a elaborar un estudo técnico e biolóxico sobre o estado da ría. Tamén a Deputación adquirira compromisos de colaboración co sector marisqueo. Rey Varela denunciou que o ente provincial realizou "unha reunión publicitaria" pero sen concretar os seus compromisos e afeou Goberno manter "unha reunión e despois desaparecer".

Fronte a isto, puxo en valor que "por fin hai feitos e non palabras" e que a xestión da Consellería permitiu que os bancos marisqueiros da ría que estaban catalogados como Zona C pasasen a ser Zona B en 2017 e incrementáronse nun 20% os permisos para mariscadores.

Rosa Quintana
Rosa Quintana | Fonte: Arrquivo Galicia Confidencial

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Tino

Hai que ver: un punto de control, estudio técnico e biolóxico. O punto de control non ten coste ningún, o estudio técnico e biolóxico vaise facer ahora? ,e ata ahora que fixeron?, e os seus técnicos durante estes anos en que traballaron, si están para iso? E o aporte de áridos, para qué?, non hai area na ría de Ferrol?, o non será mais certo de que hai cambios ambientais na ría que non debería haber? non será millor atacar as causas deses cambios ambientais?.