A Garda Civil investiga a unha muller que insultou e agrediu a unha médica no centro de saúde de Sada

A agresora chegou a coller polo pescozo á facultativa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/04/2019 | Actualizada ás 18:48

Comparte esta noticia

A Garda Civil investiga a unha muller acusada de insultar, cuspir e agredir a unha médica cando se atopaba acompañado a un paciente no centro de saúde de Sada (A Coruña).

Segundo informou o instituto armado, os feitos producíronse cando a doutora estaba atendendo a un paciente, momento no que a súa acompañante empezou a rirse en voz alta mentres visualizaba contidos do seu teléfono móbil.

Ante iso, segundo o relato da Garda Civil, a facultativa pediulle á acompañante que deixase de facer ruído, cuestión ante a que a investigada empezou a insultar á traballadora.

Ademais, a Garda Civil indicou que a agora investigada chegou a agarrar do pescozo á médica ata que decidiu marchar polos corredores.

Centro de Saúde do Sergas
Centro de Saúde do Sergas | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta