Os concellos galegos queren seguridade nos plans básicos de loita contra os lumes

A Fegamp di que esta adbdenda débese a "outras necesidades que non estaban reflectidas no texto inicial e que era necesario acometer".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/04/2019 | Actualizada ás 19:02

Comparte esta noticia

A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) informou de que a próxima semana asinarase a addenda --ao convenio asinado en agosto de 2018 coa Xunta e Seaga-- para a elaboración de plans básicos contra o lume que sirvan como guía aos concellos, para a limpeza de franxas secundarias, ao redor de núcleos.

Este xoves, o conselleiro do Medio Rural, José González, anunciou tras o Consello que a Xunta comezará no próximo mes de maio a limpeza das franxas de seguridade contra lumes forestais en propiedades pertencentes a 695 aldeas de 68 parroquias de toda Galicia consideradas de alto risco incendiario.

Sobre esta cuestión, a Fegamp explica nun comunicado que o motivo para facer esta addenda débese a "outras necesidades que non estaban reflectidas no texto inicial e que era necesario acometer". Unha das "máis importantes" é, precisamente, a elaboración de plans municipais contra o lume, unha cuestión de "vital importancia" para os concellos.

Precisamente, a Fiscalía de Medio Ambiente escribiu a 63 municipios galegos de zonas con alta incidencia de incendios forestais para informarlles de que fará un seguimento da súa actuación nesta materia e non descarta abrir unha "investigación penal concreta" se estes non contan cun plan de prevención de incendios para estas áreas e volve producirse un novo sinistro.

O presidente da Fegamp, Alfredo García, e o conselleiro de Medio Rural, José González, asinarán esta addenda do convenio. Outra novidade será a posta en marcha do visor de franxas para os municipios e a posta a disposición dos concellos do material cartográfico relativo ás franxas secundarias cunha relación dos propietarios das parcelas.

Membro do equipo de extinción de incendios loitando contra o gran lume de Rianxo e Dodro
Membro do equipo de extinción de incendios loitando contra o gran lume de Rianxo e Dodro | Fonte: Miguel Núñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta