O Goberno destina oito millóns de euros a Galicia para a prevención da violencia de xénero

O Consello de Ministros ratifica así os criterios aprobados na Conferencia Sectorial de Igualdade celebrada o pasado 3 de abril, na que estiveron representadas todas as comunidades autónomas.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 12/04/2019 | Actualizada ás 15:35

Comparte esta noticia

O Goberno aprobou a distribución de 109,5 millóns de euros en 2019 entre as comunidades autónomas e Ceuta e Melilla para a asistencia integral a vítimas de violencia de xénero e tamén para a atención a vítimas de agresións sexuais. Así o anunciou a portavoz do Goberno e ministra de Educación, Isabel Celaá, este venres 12 de abril na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros.

Por unha banda, explicou que o Executivo alcanzou un acordo polo que se formalizan os criterios de distribución de 100 millóns de euros para o desenvolvemento nas comunidades autónomas e en Ceuta e Melilla do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Entre outros criterios, tense en conta "a insularidade, cidade fronteiriza, mulleres de máis de 65 anos, mulleres estranxeiras, con discapacidade, con traballo temporal ou desempregadas".

Precisamente, o pasado día 3 de abril, tras a reunión mantida entre o Goberno e as comunidades para abordar este asunto, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, confirmou que Galicia contará con 7,9 millóns de euros correspondentes ao exercicio 2019, ao que se suma os transferidos en 2018, outro oito millóns de euros

Doutra banda, aprobaron a distribución para o presente exercicio de 9,5 millóns de euros, dos cales 6,5 millóns serán para a asistencia social integral a vítimas de violencia de xénero e atención de menores; un millón para desenvolver plans especializados e dous millóns para programas de apoio a vítimas de agresións e abusos sexuais. Así, en total repartiuse, con acordos "unánimes", un total de 109,5 millóns de euros para 2019.

O Consello de Ministros ratifica así os criterios aprobados na Conferencia Sectorial de Igualdade celebrada o pasado 3 de abril, na que estiveron representadas todas as comunidades autónomas e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla, así como a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

Teléfono 016 contra la violencia de género
Teléfono 016 contra la violencia de género | Fonte: Arquivo Galicia Confidencial

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta