Emigrantes retornados denuncia ante o Parlamento de Galicia a "discriminación" das súas pensións

Con pancartas como 'Somos emigrantes, non defraudadores', e ao berro de 'Vivan os emigrantes retornados', os manifestantes denunciaron que tanto o PP primeiro como o PSOE despois enganáronos e tiveron que presionalos para que lles "cadren as contas".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2019 | Actualizada ás 16:58

Comparte esta noticia

Varios centenares de persoas, integradas en colectivos de emigrantes galegos retornados, manifestáronse ante o Parlamento de Galicia, no primeiro día de campaña electoral, para esixir aos partidos políticos que acaben coa "discriminación" ás súas pensións.

A protesta que se iniciou ao once e media na praza de Praterías de Santiago e finalizou ás portas do Parlamento de Galicia, onde o colectivo cortou o tráfico durante minutos para expor as súas reclamacións. A mobilización, na que participaron colectivos de emigrantes de "terra e mar", tamén contou co apoio de representantes do BNG e da CIG.

Con pancartas como 'Somos emigrantes, non defraudadores', e ao berro de 'Vivan os emigrantes retornados', os manifestantes denunciaron que tanto o PP primeiro como o PSOE despois enganáronos e tiveron que presionalos para que lles "cadren as contas".

Xosé Lois Leirós, portavoz da Coordinadora, reclamou que se derrogue tanto a Lei 24/2014, da reforma fiscal realizada polo ministro Cristóbal Montoro, como a Lei 35/2006, e esixiu aos partidos políticos, no primeiro día de campaña electoral, que aclaren cal vai ser a súa postura ante as reivindicacións do colectivo.

"Estamos en situación límite, os galegos podemos ser decisivos, ninguén se acorda de nós desde que perdemos a nosa voz en Madrid", reivindicou, ás portas do Parlamento, onde se dirixiu aos partidos políticos para que "fagan saber antes do 28 de abril o grao de compromiso" cos emigrantes galegos retornados.

Emigrantes retornados protestan ante o Parlamento de Galicia en contra da 'discriminación' ás súas pensións
Emigrantes retornados protestan ante o Parlamento de Galicia en contra da 'discriminación' ás súas pensións | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta