O home que matou o seu compañeiro de piso na Coruña fíxoo por difundir un vídeo sexual

O caso, que investiga a Policía Nacional, está baixo segredo de sumario e o presunto autor atópase detido á espera de pasar a disposición xudicial.

Por E.P. | A CORUÑA | 12/04/2019 | Actualizada ás 17:15

Comparte esta noticia

O home detido tras confesar que matou o seu compañeiro de piso na Coruña supostamente fíxoo cun cinto tras manter unha discusión porque, segundo alegou, difundira un vídeo de contido sexual no que tamén se lle vían consumindo sustancias estupefacientes.

Segundo fontes da investigación, o arrestado, R.D.R., de 28 anos e nado en Uruguai, avisou á Policía do sucedido sobre as 1,40 horas deste venres nun cuarto piso do número 7 da rúa Honduras, no barrio de Labañou da cidade herculina. O presunto autor dos feitos, que esperou no portal aos axentes, manifestou aos policías que acudiron á vivenda que matara ao seu compañeiro de piso cun cinto tras unha discusión na vivenda na que residía xunto a outras dúas persoas máis.

Ao acceder ao piso, segundo fontes próximas á investigación, os policías acharon a outro morador que descoñecía o sucedido e que ocorrese un episodio violento porque estaba cos cascos postos no seu cuarto, un dos catro que hai no domicilio. Os policías localizaron á vítima tendida no chan doutra habitación coa cara tapada e cun cinto encima do corpo.

DÉBEDA

Segundo as mesmas fontes, o detido e a vítima coñecíanse desde hai anos e dedicábanse supostamente á prostitución. Ademais, o mozo admitiu desavinzas porque supostamente o seu compañeiro de piso difundira por redes sociais un vídeo de contido sexual no que tamén se lle vía consumindo sustancias estupefacientes.

Por iso, e supostamente por unhas débedas pendentes relativas ao pago da súa estancia no piso que compartían con outros dous compañeiros, comezaron a discutir e o mozo posteriormente detido apertoulle o pescozo cun cinto. O caso, que investiga a Policía Nacional, está baixo segredo de sumario e o presunto autor atópase detido á espera de pasar a disposición xudicial.

Foto recurso. Coche da Policía Nacional. POLICIA NACIONAL - Arquivo
Foto recurso. Coche da Policía Nacional. POLICIA NACIONAL - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta