A ocupación hoteleira superará o 90% nas zonas con Semana Santa de Interese Turístico Internacional

Espérase que o nivel de ocupación sexa entre un 5% e un 10% maior que no ano 2018.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/04/2019 | Actualizada ás 13:24

Comparte esta noticia

As zonas de Galicia que contan cunha Semana Santa de Interese Turístico Internacional superarán o 90% de ocupación durante o Xoves e o Venres Santo, segundo o Clúster Turismo de Galicia.

Os empresarios consultados esperan que na zona de Ferrol e a provincia de Lugo a ocupación rolde o 95% para os días de máis afluencia turística, como expresa o Clúster Turismo Galicia nun comunicado. Tanto a cidade departamental como Viveiro, na Mariña Lucense, contan cunha celebración da Semana Santa recoñecida como de Interese Turístico Internacional.

Así mesmo, na provincia de Pontevedra, os empresarios prevén tamén un nivel de ocupación de ao redor dun 95%. Na comarca do Salnés, con Sanxenxo como referencia, espérase un 87%. E en Vigo, a cifra estimada é dun 81%.

Na provincia da Coruña espérase un 75% de ocupación para a cidade herculina e un 85% para Santiago de Compostela. Mentres, en Ourense o nivel de afluencia turística superará o 90%.

AUMENTO DE PREZOS

De maneira global para toda Galicia, espérase que o nivel de ocupación sexa entre un 5% e un 10% maior que no ano 2018. E ademais, os prezos medios por habitación sufrirán un incremento medio de entre un 15% e un 20%.

Procesións da Semana Santa na Praza de Armas de Ferrol
Procesións da Semana Santa na Praza de Armas de Ferrol | Fonte: Galiza artabra

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 caraconio florens

adiante a toda com procissões e juras de bandeira, que é o que precisamos na GZ.

1 Yoli Procesiones

Sodes igual de La VOX de Galicia , fomentades, sen razón, as "semanas santas", A DXT, fala de 15 millóns de desprazamentos: Pensades que van a onde hai "semanas santas· ? Son VACACIÓNS e a xente vai a tódolos lados por eso hai esa ocupación hoteleira , incluso máis alta onde NON HAI PROCESIÓNS