Morre un home de 59 anos atragoado nunha comida familiar en Carnota

Un home de 59 anos de idade faleceu este sábado atragoado durante unha comida familiar nunha vivenda do municipio coruñés de Carnota.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/04/2019 | Actualizada ás 18:25

Comparte esta noticia
Segundo informaron a Europa Press fontes do operativo de emerxencia, o suceso tivo lugar sobre as 12,57 horas nunha casa situada na parroquia de Lariño.

Ata o punto acudiron efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Muros, así como unha ambulancia e un médico da zona, ademais do helicóptero medicalizado do 061 con base en Santiago.

Estas fontes sinalaron que un dos irmáns do home foi o primeiro en tentar reanimalo tras decatarse de que non respiraba ben. Tras iso, tamén foi atendido polo persoal de 061, aínda que faleceu no punto.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta