Expulsan a un opositor en Silleda por utilizar un dispositivo móbil durante o examen

A porcentaxe de participación nas oposicións para o corpo auxiliar C2 da Administración Xeral foi do 44%.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/04/2019 | Actualizada ás 21:02

Comparte esta noticia

A porcentaxe de participación nas oposicións celebradas este sábado no recinto da Feira Internacional de Galicia na localidade pontevedresa de Silleda para o ingreso ao corpo auxiliar da Administración Xeral C2 foi do 44%.

Así, segundo datos da Xunta, do total de 10.315 aspirantes que estaban convocados, menos da metade presentáronse finalmente, con 4.537 persoas. Ademais, este sábado tamén tivo lugar o primeiro exercicio para o ingreso no corpo superior da Administración Xeral da Comunidade autónoma A1, para o que se presentaron 542 dos 1.176 aspirantes convocados, o que supón unha porcentaxe de participación do 46%.

Esta xornada, día de inicio das probas, transcorreu sen incidentes relevantes e os exames desenvolvéronse "con total normalidade", a pesar de que o persoal de vixilancia expulsou da proba a unha persoa que estaba a utilizar un dispositivo móbil.

Este domingo, continuarán as probas de acceso coa realización pola mañá do exame para o corpo de xestión da Administración Xeral de Galicia A2, con 2.010 aspirantes convocados. Pola tarde será a quenda da categoría camareiro-limpador/axudante de cociña, á que están chamadas 6.751 persoas.

Máis de 9.000 aspirantes están convocados este domingo ás oposicións de auxiliar administrativo do Sergas. XUNTA DE GALICIA - Arquivo
Máis de 9.000 aspirantes están convocados este domingo ás oposicións de auxiliar administrativo do Sergas. XUNTA DE GALICIA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta