Villacís (Cs) promete que C's fará que "se volva falar" de Galicia no Congreso

"Con Ciudadanos sairán menos galegos de Galicia e serán moitos os que opten por quedar e volver, ese será o cambio", di a candidata de Cidadáns á alcaldía de Madrid, Begoña Villacís.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/04/2019 | Actualizada ás 20:28

Comparte esta noticia

Así o asegurou durante unha visita realizada ao concello de Sada (A Coruña), na que estivo acompañada da cabeza de lista pola provincia, Marta Rivera, ademais doutros representantes do partido, e na que comprometeu o apoio de Ciudadanos ás demandas de Galicia.

Villacís sinalou que tras unha lexislatura na que "non se escoitou falar practicamente de Galicia" no Congreso por parte do PP e na que o PSOE fixo "pagar unha peaxe altísima" á comunidade polos seus acordos co "independentismo", con C's si se volverá a "a falar de Galicia no Congreso".

"Con Ciudadanos sairán menos galegos de Galicia e serán moitos os que opten por quedar e volver, ese será o cambio", manifestou aos medios de comunicación, antes de iniciar un percorrido pola tradicional feira que se celebra na localidade. "Mentres outros partidos non aproveitaron o pulo, Marta Rivera si vai traballar por esta terra e vaino a tomar en serio, con toda a convicción que a caracteriza", eloxiou Begoña Villacís.

Ante os chamamentos do Partido Popular de Galicia e do seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, ao "voto útil", Villacís replicou que o inimigo de Cs "non é o PP", aínda que "entende a obsesión" dos 'populares'. "O noso proxecto non é en negativo, é a favor de Galicia e das familias e de mellorar as infraestruturas, non temos a obsesión do PP connosco, que lle fai fraco favor á sociedade galega", engadiu.

Ante a negativa de C's a posibles pactos co PSOE, Villacís asegurou que o partido laranxa "sae a gañar" e tratará de convencer a "un 40% de indecisos, un voto moi pouco dogmático, de persoas reflexivas, que optaron por un pensamento crítico, ese perfil parécese bastante ao voto a Cidadáns que a día de hoxe é a opción máis sedutora".

Pero ademais, cargou contra Pedro Sánchez por representar a "un PSOE que se vendeu ao independentismo" nunha "lexislatura de pesadelo na que se pagou unha peaxe altísima ao independentismo á conta de Galicia ou Madrid". "Galicia e Madrid temos moito en común porque perdemos moito co señor Sánchez", remarcou.

Villacís (Cs) Promete que con Ciudadanos Galicia terá voto en Madrid
Villacís (Cs) Promete que con Ciudadanos Galicia terá voto en Madrid | Fonte: EP

CRÍTICAS AO PP

Tamén Marta Rivera respondeu ás críticas do Partido Popular de Galicia. "O voto útil é o que un leva á urna con orgullo, porque é con rexeneración, limpo, o que non pode dicirse do Partido Popular", afirmou, para denunciar a continuación que o "PP está moi preocupado porque sabe que se lles acabou o choio, o PP creu durante moito tempo que isto era a súa leira, que aquí non podía entrar ninguén máis".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 uu1

Seguro, é será para desprezar a língua galega e defender não cumprir a constituição em matéria linguística!!

1 Berto Rellas

"Sactamente" como Toni Cantó.....