PSOE e PP empatarían a dez escanos, e BNG e En Marea non terían representación en Madrid

O partido de Rivera conseguiría un e os de Pablo Iglesias, dous. Vox quedaría ás portas de obter representación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/04/2019 | Actualizada ás 12:55

Comparte esta noticia

A subida do PSOE e a caída do PP deixaría aos dous principais partidos estatais empatados en escanos en Galicia o próximo 28 de abril, con 10 cada un, mentres que En Común Unidas Podemos scaría só dous. C's, en cambio, conseguiría representación pola Coruña. Nin o BNG, nin En Marea, nin CxG acadarían representación en Madrid.

Así o recolle a enquisa de Sondaxe para La Voz de Galicia, que reflicte que o PP volvería gañar as eleccións en Galicia, pero cunha marxe estreita co PSOE e perdendo dous deputados en comparación coas eleccións de 2016, nas que obtivo 12.

No lado oposto situaríase o PSOE, que pasaría de 6 escanos fai tres anos a 10 o 28 de abril. A representación de Galicia no Congreso completaríase coa marca de En Común Unidas Podemos, impulsada tras a ruptura con En Marea que tería dous escanos para os seus deputados pola Coruña, Antón Gómez Reino, e por Pontevedra, Yolanda Díaz.

Esta primeira enquisa de Sondaxe outorga un deputado a C's, que chegaría á Cámara Baixa por segunda vez --conseguírao en decembro de 2015 pero non en 2016--, coa súa cabeza de lista pola Coruña, Marta Rivera da Cruz.

Por provincias, o PP deixaríase un deputado pola Coruña --de 4 en 2016 a 3 o 28 de abril--, o PSOE sumaría un --de 2 a 3--, En Marea perdería os dous que tiña e entrarían con 1 En Común Unidas Podemos e C's.

En Pontevedra, o PP mantedría os 3 representantes mentres que os socialistas subirían de 2 a 3, e obtería representación a deputada de En Común. En Lugo, o PP non rexistraría cambios, quedaría con 2 e o PSOE subiría de 1 a 2 á conta de En Marea. E finalmente en Ourense o PP perdería o seu outro escano e os socialistas sacarían 2, un máis que en 2016.

A formación Vox non conseguiría representación por Galicia, ao quedar nun 4,9% de porcentaxe. Tampouco o BNG podería volver ao Congreso, ao non superar o 4,2%.

VALORACIÓN DOS CANDIDATOS

Por outra banda, a enquisa da Voz tamén analiza a valoración dos candidatos e conclúe que ningún alcanza o aprobado. O mellor puntuado é o presidente do Goberno e candidato socialista Pedro Sánchez, cun 4,48 seguido de Pablo Iglesias cun 3,92.

Pablo Casado quedaría en terceiro lugar cun 3,61 seguido de Albert Rivera, cun 3,05. O líder de Vox sería o peor valorado de todos os candidatos ao non superar o 1,85.

Os enquisados por Sondaxe tampouco aproban o traballo do Goberno nin da oposición, aínda que o executivo socialista está por encima do 4 en todas as provincias galegas e Cidadáns supera ao PP en valoración, aínda que sen alcanzar ningún dos dous o 4.

O secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, en Córdoba
O secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, en Córdoba

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 22 comentarios

4 Xil

Votar BNG ou En Villares é tirar co voto ao lixo e favorecer á dereita española. Ningún dos dous espazos autonomistas vai sacar representación nas cortes. O único voto útil é o de En Común, malia a ausencia da opción independentista de Anova.

1 sermos mantidos

Moi útil para o PcE, en especial para Yolanda Díaz, a cuneira que deixa as procesións ultracatólicas de Ferrol que tan ben subvencionou de alcaldesa e, pirueta, preséntase por Pontevedra. Por certo, CC.OO., o sindicato familiar da candidata, apoia a Ence en Lourizán. Todo pola pasta!

2 Orduño

E o BNG apoia Reganosa en Ferrol e o pelotazo urbanístico de Massó en Cangas. Pero iso non che interesa dicilo.

3 Galeguiña

Eu, aparte doutras cuestións, preguntarialle a Lóstrego e Alberte, por qué a meirande parte dos galegos segue a apoiar a PP (sobre todo) e a Psoe (moito menos). É que os nacionalistas, comunistas , independentistas, non teñen que nada que se "auto criticar"? Levades 40 anos ca mesma "matraca" e os cidadáns galegos seguen a dárvo-las costas. Non confían nos vosos postulados nin nos partidos que os defenden. Supoño que xa non vale con menosprezar a quen non vota BNG ou aos "mareados", e entendo que só dende a auto crítica poderedes pensar nun futuro no que os galegos apoien vosas propostas. Menos Galiza, menos odio e enfrontamento co resto dos españois, menos aillamento e "identidade propia" e pode que as cousas cambien.

1 Trasanqués

Chámaste galeguiña e dis menos Galiza e menos identidade ... Iso ten nome e chámase auto-odio. Alén das catro frases feitas que dis, vos seguide enchendo os montes de eucaliptos, seguide coa galegofobia e seguide desmantelando o pouco que queda xa do sector naval, leiteiro e pesqueiro, que nos, estaremos sempre enfronte. Non ves mas adiante do teu bandullo agradecido.

2 Roxalia

Aí está a clave. Na matraca do BNG. Ese discurso rancio e identitario do "Nós somos os únicos galegos de verdade", "Se o Bloque está, Galiza está", a identificación Galiza=BNG... é un discurso de autoconsumo interno que cansa á maioría dos galegos e produce rexeitamento. A xente quere unidades mestizas e plurais, a unidade entre independentistas e federalistas levou 200 mil votos no 2012 e 408 mil votos no 2015 por algo.

3 lóstrego

Os votos levóunos o Beiras, que non te enteras de nada. As de unidas podemon non son federalistas, senón centralistas e españolistas; quedou ben clariño na anterior lexislatura.

4 illuminatis

Todos os que non sexan do BNG son "centralistas e españolistas". Excepto os do PSOE, cos que se pacta nas deputacións para repartir subvencións e carguiños. Eses non.

2 Alberte

Depois que ninguém se queixe de que Galiza fique marginada nos orçamentos, da queda de investimentos,... e de que tudo vaia para Catalunha, Euskadi, Canarias, Valencia, Andalucia,... e mesmo Cantabria. A gozar do votado. Adiante Galiza! Adiante BNG!

1 sermos mantidos

Adiante BNG, estamos no camiño certo cara o suicidio colectivo! A culpa é do pobo galego, que non nos comprende! As élites, o aparato da UPG e de En Marea, somos a caste dirixente e resistente (con nómina da política profesional) e decidimos sacrificar o pobo! Os responsables son os outros, os de fóra, nós somos os escollidos!

2 Alberte

Suicidio colectivo? Da paisaxe, da cultura, da lingua, do patrimonio, dos nossos sectores produtivos, da mocidade emigrante... Máis culpa terán quen levan gobernando case toda a vida, non si? Nun escenario político en que o PSOE vai gobernar en minoría, vale máis un escano do BNG que 20 dos delegados das forzas estatais na Galiza. Que llo pregunten a Coalición Canaria ou Compromís. PNV e ERC xogan noutra liga (na que non sei ainda por qué estamos nós, no papel, dados os resultados)

3 sermos mantidos

E logo a estratexia do BNG non é colocar o negocio do partido por riba do colectivo dos galegos? Pregunta ao Néstor, o candidato que dirixe a UPG, á profesional Da Silva ou a vividora Pontón, todos do Partido! Por outra banda, a xustiza para os galegos non é ser mellorados nun reparto desigual (aquí nótase que ti non es de esquerda), e tampouco estás moi informado do que lle agarda ao teu modelo sucursalista (Compromís está suicidándose por apoiar ao PsoE, Podemos vai na mesma liña, ou o Bloco de Esquerda co PS). E o PsoEspañol pode gobernar con Ciudadanos, pois son o mesmo modelo, quitando o verniz de 'esquerda'.

1 lóstrego

Enquisa típica de colonia.