Pontón apela ao voto indeciso para lograr que Galicia sexa "decisiva" da man do BNG en Madrid

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, apelou "desde a ilusión" a todas as persoas que non teñen decidido o seu voto para que aposten por lograr que Galicia sexa "decisiva" no Congreso dos deputados da man do Bloque.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/04/2019 | Actualizada ás 18:18

Comparte esta noticia

Nun mitin celebrado en Ponteareas (Pontevedra), Pontón fixo un chamamento á mobilización para sumar votos a un BNG que está "en remontada" e disputando escanos "á dereita españolista" na Coruña e Pontevedra.

"Dígovos que imos subir, que estamos en remontada e quero dirixirme especialmente a todas esas persoas que non decidiron o seu voto, dígolles que o BNG é a opción para defender Galicia e frear a unha dereita tirada ao monte", proclamou, "porque o último escano por Pontevedra e pola Coruña estamos a disputalo cunha desas patas da dereita de Colón".

Así, Pontón subliñou que "para ter voz en Madrid e para frear un goberno das dereitas, en Galicia a papeleta útil é a do BNG". O 28 de abril confirmarase a "onda de simpatía" cara ao Bloque, recalcou Pontón, e superaranse as enquisas: "Esta é a nosa oportunidade, Ana, desta vai, é o que me din cada día máis persoas que están fartas de que as forzas estatais veñan coller os votos para despois tratarnos como cidadáns de segunda. Imos ir a por todas para cambiar iso, porque é o momento de Galicia, é o momento do BNG".

Sen maiorías absolutas, os votos dos deputados nacionalistas van determinar, comprometeu, a política do Estado a favor da xente de Galicia e puxo exemplos de "moitos muros" que se "tirarán abaixo", como o da AP-9, porque un BNG "decisivo" demostrará que "si é posible conseguir a transferencia" da Autoestrada do Atlántico, que "negaron" PP e PSOE, e "a estafa das peaxes", que é "o roubo legalizado desde o BOE".

28A Ponton Apela Indecisos Voto Bng Defender Gz E Frear Dereitas. BLOQUE NACIONALISTA GALEGO
28A Ponton Apela Indecisos Voto Bng Defender Gz E Frear Dereitas. BLOQUE NACIONALISTA GALEGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Grou P

O BNG nin sequera vai ter o 5 por cento en ningunha provincia que é o que esixe a lei electoral. Que me den diso que fuman que eu quero probar