Máis de catro mil persoas preséntanse ás oposicións de camareiro-limpador e axudante de cociña da Xunta

Supón o 61% dos que estaban inscritos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/04/2019 | Actualizada ás 18:20

Comparte esta noticia

Máis de catro mil persoas presentáronse ás oposicións celebradas este domingo en Silleda para o ingreso na categoría de camaero-limpador/axudante de cociña, o que supón o 61% dos que estaban inscritos.

Desta forma, na Feira Internacional de Galicia, en Silleda, presentáronse 4.124 persoas ás probas celebradas durante a tarde.

Ademais, pola mañá, tivo lugar o primeiro exercicio para o ingreso no corpo de xestión da Administración Xeral da Comunidade Autónoma A2, para o que se presentaron 843 dos 2.010 aspirantes convocados, o que supón unha porcentaxe do 42%.

Tanto a xornada do sábado como a do domingo transcorreron sen incidencias e todos os exames desenvolvéronse con total normalidade. O acceso aos pavillóns nos que se realizaron as probas estivo controlado por un operativo de 380 persoas.

En cada porta situáronse entre 6 e 8 persoas, dependente do volume de aspirantes de cada proceso selectivo. O recinto tamén contou durante todo o fin de semana, cunha ambulancia, habilitada pola Administración galega para atender calquera incidencia que se puidese producir durante a realización das probas.

Oposicións en Galicia. XUNTA - Arquivo
Oposicións en Galicia. XUNTA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta