Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 15/04/2019 | Actualizada ás 10:11
Pesar no Concello de Narón (A Coruña) tras o falecemento nas últimas horas do concelleiro do PSOE Octavio Dopico, responsable de Sanidade e Actividades Ambientais no goberno tripartito que conforman Terra Galega, PSOE e BNG.
Dopico faleceu este domingo, 15 de abril, tras sufrir unha enfermidade que o tivo apartado nas últimas semanas do seu labor como edil e como médico de Atención Primaria, profesión que exercía no centro de saúde de Narón
Ademais, o edil socialista fora elixido entre a militancia do seu partido para concorrer como cabeza de lista nas próximas eleccións municipais para a Alcaldía de Narón.
Dopico era licenciado en Medicina pola Universidade de Santigo de Compostela (USC). Foi subdirector médico no Hospital Provincial de Pontevedra e subdirector de urxencias e procesos ambulatorios na área Sanitaria de Ferrol. Os restos mortais do concelleiro socialista atópanse no Tanatorio San Lorenzo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.