Feijóo contradí á Fiscalía e insiste en que a maioría dos incencios buscan facer mal

O Fiscal de medio ambiente manténq ue entre un 70% e un 80% dos incendios que suceden en Galicia son intencionados, pero "só o 3% ou o 4% deles teñen intención de facer mal".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/04/2019 | Actualizada ás 12:06

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, defendeu este luns os datos achegados polos especialistas en incendios, "que levan décadas traballando no sector forestal" e que sinalan que "máis do 40%" dos lumes forestais comezan "cando os medios aéreos non poden voar, normalmente pola noite".

Así respondeu o líder autonómico a preguntas dos medios sobre as palabras do fiscal delegado de Medio Ambiente, Álvaro García Ortiz, quen este domingo, nunha entrevista á Cadea Ser, concluíu que entre un 70% e un 80% dos incendios que suceden en Galicia son intencionados, pero "só o 3% ou o 4% deles teñen intención de facer mal".

Neste contexto, Feijóo dixo que "non vai entrar en se a intencionalidade é dolosa ou é culposa", pero si insistiu en que "pola noite os incendios non se activan". E é que, tal e como explicou, sobre o anoitecer "non hai lumes e, con todo á media noite, á 1,00 ou 2,00 da madrugada, empezan os lumes". "Iso non o digo eu, dino os profesionais de extinción, que saben perfectamente cando empezan os incendios forestais porque saben como mobilizarse", recalcou.

OS MEDIOS "MÁIS POTENTES QUE TIVO GALICIA NUNCA"

Así as cousas, Feijóo lembrou que a Xunta ten "probablemente os instrumentos máis potentes que tivo Galicia nunca" en materia de extinción, entre eles o plan de limpeza de franxas de seguridade ao que xa se adheriron 177 concellos.

Non en balde, o líder do Goberno galego tamén apelou á "responsabilidade" dos propietarios para manter as súas terras, aínda que a Xunta "pode entrar a limpalas" pasando a factura aos titulares. "E mesmo se a factura supera o valor catastral, que esas terras pasen ao patrimonio público", aseverou.

Consello.- A Xunta destinará ata 29 millóns á reforma interior do complexo de San Caetano. XUNTA
Consello.- A Xunta destinará ata 29 millóns á reforma interior do complexo de San Caetano. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Sen que sirva de precedente Feijoo leva razón e o fiscal debe vivir detrás da mesa do seu despacho para facer as declaracións que fixo...! Pero o lío das talas indiscriminadas a 50 metros das casas converterá a Galicia nun DESERTO! E será un xeito fraudulento de facerse con terreos a prezo de saldo... para logo subastar e recalificar cando conveña ! (O PP nunca deu puntada sen fío!) Pero os ecoloxistas nesta ocasión están a caer nas redes clientelares do PP de Feijoo !!! Curioso mundo temos: O Fiscal non mira nada raro e algúns temos moi claros os obxectivos do Goberno do PP !!!