A Xunta apoia a implantación de sete novos viveiros industriais en polígonos para albergar a case 30 empresas

Todos os beneficiarios reciben unha axuda que vai, como máximo, ata o 80 por cento do orzamento cun límite de 240.000 euros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/04/2019 | Actualizada ás 15:25

Comparte esta noticia

A Xunta apoia a implantación de sete viveiros industriais en polígonos para albergar a 29 compañías, que xerarán uns 40 empregos. En concreto, haberá catro nos municipios lucenses de Castro de Rei, O Corgo, Portomarín e Paradela; outro en Silleda (Pontevedra), así como en Vilar de Santos (Ourense) e As Somozas (A Coruña).

O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, informou este luns desta resolución de axudas, á que a Xunta destina 1,5 millóns de euros para a construción, reforma e equipamento de naves de viveiros industriais. En total, mobilizaranse 2,36 millóns co achegado polas empresas.

Todos os beneficiarios reciben unha axuda que vai, como máximo, ata o 80 por cento do orzamento cun límite de 240.000 euros. O proxecto deberá realizarse antes do 31 de outubro deste ano. Ademais, comprométense a convocar entre xaneiro e xuño de 2020 un procedemento para seleccionar as empresas que se poderán instalar nestas infraestruturas.

Con esta orde de axudas, a Xunta busca "mellorar a competitividade da oferta de chan empresarial galego como elemento dinamizador da economía e do emprego" cuns viveiros que apoian o nacemento de novas empresas.

SETE VIVEIROS

Cun apoio de 240.000 euros, O Corgo implantará un viveiro industrial no seu polígono que poderá albergar sete empresas nunha superficie de 822 metros cadrados, dos que máis de 500 destinaranse ás compañías e o resto a servizos comúns.

Castro de Rei recibe un apoio de 240.000 euros para o polígono de Castro Ribeiras de Lea, onde se implantará unha instalación para tres empresas de 863 metros cadrados ,dos que a maioría serán para as compañías.

En Portomarín, cunha axuda de máis de 175.000 euros, instalarase un viveiro de 418 metros cadrados con capacidade para tres empresas. Paradela albergará un viveiro con capacidade para cinco iniciativas empresariais e unha superficie de 1.437 metros cadrados, grazas a unha axuda de 240.000 euros.

Pola súa banda, Área 33, en Silleda (Pontevedra) contará cun viveiro para cinco empresas de 334 metros cadrados, que terá unha superficie para servizos comúns de 228 e o resto para as compañías. Recibe unha axuda de 240.000 euros.

Vilar de Santos desenvolverá en Santa Marta un proxecto de 426 metros cadrados destinado a dúas empresas cun apoio de 230.097 euros. E, finalmente, As Somozas, na Coruña, terá un viveiro de 2.175 metros cadrados, con 1.875 destinados ao catro compañías que se implantarán (a axuda ascende a 135.600 euros).

Polígono industrial
Polígono industrial | Fonte: Arquivo Galicia Confidencial

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta