A Coruña intensifica a campaña de prevención de incendios triplicando os avisos para a limpeza de leiras

A concelleira de Medio Ambiente, María García, destacou que os incendios forestais, "ademais dun problema ambiental que afecta a todos os elementos do noso ecosistema, está a converterse nunha cuestión de seguridade pública".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/04/2019 | Actualizada ás 17:21

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña iniciou a campaña de preparación e información para a época de máximo risco de incendios, que este ano intensificará as notificacións ás persoas propietarias de leiras para que acometan a súa limpeza antes do 31 de maio, tal e como marca a lei de prevención de incendios forestais de Galicia.

En rolda de prensa, a concelleira de Medio Ambiente, María García, destacou que os incendios forestais, "ademais dun problema ambiental que afecta a todos os elementos do noso ecosistema, está a converterse nunha cuestión de seguridade pública" debido a que cada vez son máis virulentos, rápidos e próximos a zonas habitadas.

"Queremos facer fincapé nas tarefas de prevención que veñen e que este ano se intensificarán. No mes de abril comezaron rózala en cunetas e solares municipais e agora comezamos a requirir aos propietarios para que presten atención aos seus deberes e rocen antes do 31 de maio", indicou García.

Ademais, a concelleira explicou que o goberno local envía notificacións "nos casos que se consideran prioritarios", pero, recalca, "todos os propietarios de parcelas situadas a menos de 50 metros de poboacións están obrigados a facelo reciban ou non a carta do Concello". Así, se habitualmente tramítanse entre 350 ou 400 expedientes de protección de incendios, este ano iniciaranse máis de 1.000 "con esforzo administrativo importante", sinalou.

María García, concelleira de Medio Ambiente da Coruña
María García, concelleira de Medio Ambiente da Coruña | Fonte: Concello da Coruña

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta