Trafico prevé uns 910.000 desprazamentos por estrada na segunda fase da operación en Galicia

Na campaña de Semana Santa do ano 2018 rexistráronse tres vítimas mortais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2019 | Actualizada ás 10:07

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) estima uns 910.000 desprazamentos na rede viaria de Galicia na segunda fase da operación especial de tráfico con motivo da Semana Santa, que comezará este mércores, 17 de abril.

Esta segunda fase finalizará o domingo 21 nas provincias da Coruña (agás Padrón), Lugo e Ourense, mentres que na Pontevedra darase por pechada o luns 22 de abril.

En total, a DXT prevé máis de 1,5 millóns de desprazamentos por estrada en Galicia durante a Semana Santa de 2019, un período no que despregarán na Comunidade galega 600 efectivos que intensificarán os controis de velocidade, alcol e drogas.

Na campaña de Semana Santa do ano 2018 rexistráronse tres vítimas mortais nas estradas galegas.

Trafico prevé máis de 1,5 millóns de desprazamentos por estrada en Galicia. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA
Trafico prevé máis de 1,5 millóns de desprazamentos por estrada en Galicia. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta