Por E.P. | A CORUÑA | 16/04/2019 | Actualizada ás 12:53
A Federación de Sanidade de Comisións Obreiras de Galicia (CC.OO.) pide un "cambio de actitude" dos "demais axentes" que interveñen na negociación do convenio de establecementos de hospitalización e consulta da sanidade privada na provincia da Coruña.
Segundo informa Comisións Obreiras nun comunicado, "só CC.OO. presentou propostas reais para a mellora das condicións de traballo e o incremento dos salarios" pois, critica, "CIG e UGT non presentaron plataforma ningunha, mentres que a oferta patronal é claramente insuficiente".
Deste xeito, CC.OO. repróchalles á representación empresarial e aos outros sindicatos que "non están á altura das circunstancias", xa que a súa actitude "está a bloquear as negociacións* do convenio da sanidade privada da provincia".
Comisións insta "especialmente" a UGT e CIG a que "sigan o seu exemplo" e "poñan encima da mesa propostas para revitalizar a negociación", xa que "CC.OO. é o único sindicato que polo momento elaborou unha segunda proposta que responde á irrisoria oferta patronal", conclúe.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.