Estes son os consellos do 061 aos conductores que viaxen durante a Semana Santa

Pide precaución e lembra que asistiu a 108 persoas en 82 accidentes na Semana Santa do 2018.

Por Erik Dobaño | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/04/2019 | Actualizada ás 12:12

Comparte esta noticia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 pide á condutores precaución nas estradas ante o inicio este xoves 18 de abril dos festivos de Semana Santa, período no que se prevé un incremento do número de desprazamentos por estrada ata o domingo 21 de abril.

Nun comunicado, o 061 lembra a "importancia" de ter descargada a App de Urxencias Sanitarias no móbil ou a tableta. Así, as chamadas que se realicen a través desta aplicación enviarán a "posición exacta geolocalizada do accidentado".

O 061 explica que antes de auxiliar nun sinistro débese tratar de aparcar o coche nun sitio seguro, apartado do accidente e acender as luces de emerxencia. A iso suma que se debe pór roupa rechamante, "pero nunca escura". Ademais débese sinalizar o accidente a 50 metros, como mínimo, antes e despois do lugar en que ocorreu.

"O que non se debe facer nunca é pór en perigo a vida propia", subliña o 061. Sobre todo, incide en que "salvo que haxa perigo de incendio ou novas colisións, non se debe mover a ningún ferido, xa que poderían agravarse as súas lesións".

BALANCE 2018

O 061 asistiu durante a Semana Santa do pasado ano a un total de 108 persoas debido a 82 accidente de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 15,00 horas do mércores 28 de marzo e as 23,59 horas do domingo 1 de abril de 2018.

Conductor uscando aparcamento con Parkapp
Conductor uscando aparcamento con Parkapp | Fonte: TVG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta