Seleccionadas 39 persoas para o programa 'Tecendo Emprego' da Deputación de Lugo

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/04/2019 | Actualizada ás 14:14

Comparte esta noticia

A deputada de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Sonsoles López Izquierdo, anunciou este mércores, tras a xunta de goberno provincial, a selección de 39 traballadores no marco do programa ‘Tecendo Emprego’.

Traballador
Traballador | Fonte: EP

En total ofertáronse 56 perfís profesionais, en 41 asociacións do ámbito social e 39 persoas xa “foron seleccionadas e formalizarán o seu contrato a próxima semana”. Ademais, acordouse “convocar de novo 17 postos que resultaron vacantes“. En total destínanse máis de 1,7 millóns de euros, en dúas anualidades, para financiar o devandito plan de emprego dirixido a “asociacións do tecido do ámbito social da provincia de Lugo”.

López Izquierdo avanzou que a “próxima semana” publicaranse no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e concretou que “desde que se publica as entidades adxudicatarias teñen cinco días para facer contratos”.

“A semana que vén as persoas seleccionadas serán chamadas polas entidades correspondentes para iniciar o seu contrato e iniciar a súa vida laboral”, abundou. Este programa permitirá a contratación durante un ano, sufragando o goberno provincial o “90 por cento dos custos laborais”, sinalou, e tamén da Seguridade Social.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta