Temas: PORCO CELTA

Obxectivo: mellorar a raza de porco celta

Xunta e criadores analizan distintas posibilidades.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/04/2019 | Actualizada ás 15:15

Comparte esta noticia

O conselleiro do Medio Rural, José González, mantivo unha reunión con representantes da Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta (Asoporcel) para coñecer as súas demandas e abordar posibles melloras para esta raza.

Porco celta
Porco celta | Fonte: paulapez

Ao encontro asistiron o presidente de Asoporcel, José Barreira, o director técnico da raza, Iván Rodríguez, e a técnica Cruz Castro.

Asoporcel naceu no ano 1999 e, a día de hoxe, é a única entidade oficialmente recoñecida para xestionar o libro xenealóxico e levar a cabo o programa de conservación da raza porco celta, lembrou a Xunta.

Así, colabora coa Consellería do Medio Rural en todas as actividades de recuperación, fomento e difusión desta raza. A día de hoxe, hai 124 explotacións de porco celta en Galicia, cuns 3.321 animais.

Temas: PORCO CELTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Fumanchú

Biba a censura... Nin sentido do humor tedes. Pois si, coa intelixencia dun nobre gorrino e a panza dun "gallego" das festas e enchentas varias que hai polo país mellorábase moito a raza. Fundamentalmente a dos bípedos. Ala, a molestarse a censurar outra vez...