Expediente sancionador a Ciudadanos por non retirar propaganda de dúas rúas de Pontevedra

A Xunta Electoral advertira días atrás ao partido laranza que debía retirar os carteis.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 18/04/2019 | Actualizada ás 17:30

Comparte esta noticia

A Xunta Electoral acordou este mércores iniciar expediente sancionador a Ciudadanos por manter propaganda de campaña electoral en dúas rúas de Pontevedra, despois de que días atrás se lle advertira que debía retirala.

Propaganda de Ciudadanos en Pontevedra
Propaganda de Ciudadanos en Pontevedra | Fonte: PSOE.

Esta resolución parte dunha denuncia interposta polo PSdeG-PSOE contra uns carteis colocados en báculos da rúa Eduardo Pondal e a avenida Reina Eugenia. Este mesmo luns, a Xunta Electoral provincial reclamara a retirada dos mesmos.

Este mércores, este órgano recibiu un correo da Policía Local de Pontevedra advertindo de que, ás 12,45 horas as bandeirolas aínda non foran quitadas.

Deste xeito, e segundo se desprende da resolución, a Xunta Electoral autorizou ás autoridades municipais a levar a cabo a "inmediata retirada" da propaganda nas citadas vías.

Ademais, acordouse iniciar expediente sancionador ao partido, concedéndolle un prazo de dez días para "formular alegacións, achegar documentos ou canta información estime oportuna".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta