Rescatado un grupo de persoas que se perdeu nunha pista forestal de Ortigueira

Seis persoas foron rescatadas tras perderse nunha pista forestal de Ortigueira mentres buscaban unha casa rural con GPS. Os servizos de rescate puideron atopalos grazas a aplicación de Whatsapp.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/04/2019 | Actualizada ás 10:30

Comparte esta noticia

Un grupo de seis persoas que viaxaban en dous turismos --catro adultos e dous nenos-- foron rescatados na madrugada deste venres despois de perderse nunha pista forestal da parroquia coruñesa de San Salvador de Couzadoiro, mentres tentaban atopar a localización dunha casa rural.

Teléfono móbil coa aplicación whatsapp
Teléfono móbil coa aplicación whatsapp

O operativo iniciouse sobre as 23,30 horas deste xoves, cando o CIAE 112-Galicia recibiu unha chamada dun particular solicitando axuda. No seu relato indicaba que o grupo, seguindo as indicacións do GPS, perdeuse nunha pista forestal e non podía continuar o traxecto ao atoparse entre un río e un tramo esvaradío de costa.

Os xestores do 112 déronlles indicacións para que enviasen a súa localización a través de Whatsapp, grazas ao que puideron ser localizados pouco despois das 1,00 horas por axentes da Garda Civil. Pese ao susto, os ocupantes atopábanse ben e lograron seguir tras sacar un dos vehículos. O outro coche foi liberado posteriormente. No operativo participaron tamén membros do GES de Ortigueira e de Protección Civil da localidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta