Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 19/04/2019 | Actualizada ás 19:36
Os candidatos ao Congreso e ao Senado por En Común-Unidas Podemos Antón Gómez-Reino e Carmen Armada, presentaron este venres xunto con representantes de Libera a súa proposta electoral para traballar pola abolición das corridas de touros en España.
A cabeza de lista ao Congreso pola Coruña destacou que "o 99,7% dos galegos non están interesados nas corridas de touros", un "clamor" que "foi recollido en cidades como A Coruña, onde deixaron de recibir financiamento público".
Ademais, explicou, outro dos indicativos deste "clamor" é que "se están recollendo centos de firmas contra os malos tratos animais". "Estamos a ser pioneiros en Galicia, onde queda claro que non hai espazo para este tipo de actividades", dixo Gómez-Reino.
Pola súa banda, a candidata ao Senado, Carmen Armada, garantiu o "forte compromiso" da súa formación "coas políticas de benestar animal". "Unha sociedade que non coida os seus animais é unha sociedade medieval que non queremos", dixo Armada, que pediu un Parlamento "cheo de deputadas e deputados feministas e animalistas".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.