Enquisas: forte ascenso do PSOE, afundimento do PP e extinción do nacionalismo galego no Congreso

O Partido Socialista alcanzaría 137 escanos e gañaría tamén en Galicia, mentres que os 'populares' rexistrarían unha forte caída até os 71 deputados. Ciudadanos e En Común tamén acadarían representantes por Galicia, mentres que BNG e En Marea quedarían fóra.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/04/2019 | Actualizada ás 12:51

Comparte esta noticia

O Partido Socialista alcanzaría os 137 escanos nas eleccións xerais do 28 de abril, unha cifra que suporía 52 máis que hai tres anos e que lle permitiría tentar impulsar un goberno en coalición ou con apoio doutras forzas políticas, mentres que o PP rexistraría un considerable retroceso que o deixaría en 71 deputados.

Voto nas eleccións municipais
Voto nas eleccións municipais

Así o estima a enquisa de Sondaxe para La Voz de Galicia, realizada entre o 11 e o 18 de abril e que lle outorga ao PSOE dous puntos porcentuais máis respecto da do mes de marzo, ata alcanzar os 137 escanos, os mesmos que obtivo Mariano Rajoy en 2016.

Ciudadanos quedaría de terceira forza política, alcanzando os 50 deputados —tivo 32 en 2016— e Podemos perdería máis da metade de apoios cos que contaba ao quedar en 33 escanos fronte aos 71 de hai tres anos. A quinta formación en representantes no Congreso sería Vox, con ata 28 escanos, aínda que en valores inferiores aos 50 que Sondaxe lle outorgaba en marzo.

Con estas cifras, o Partido Socialista podería optar por un goberno con outras forzas políticas ou co seu apoio --a maioría sitúase nos 176 escanos--, xa sexan Cidadáns ou ben Podemos co apoio do PNV que, segundo Sondaxe, alcanzaría os 9 deputados. Esquerra Republicana de Catalunya obtería 11, o PDeCat 6, EH Bildu 2. Non obtería representación, en cambio, o BNG.

En cambio, a baixada do PP dificultaría a formación de goberno entre as forzas de dereitas, a pesar da subida de Cidadáns.

GALICIA

En canto aos datos de Galicia, Sondaxe estima que o PSOE superaría o PP, ao conseguir 10 representantes fronte aos 9 dos populares, mentres que Ciudadanos obtería dous e En Común-Unidas Podemos outros dous. Nin BNG nin En Marea —as forzas que puxeron en pasadas lexislaturas representantes do nacionalismo galego no Congreso— acadarían escanos, a día de hoxe.

Con todo, PP, BNG e o partido de ultradereita Vox dispútanse un escano pola provincia da Coruña, que se decidiría por apenas unhas décimas a favor duns ou doutros, por iso tanto Vox como BNG chegaron a aparecer en enquisas previas cun escano en Galicia, pero arestora, estarían fóra. En Marea ten 'imposible' conseguir representación, segundo Sondaxe.

MÁIS ENQUISAS

Outra enquisa de DYM Politics para prensa Ibérica, grupo editor do Faro de Vigo, atribúe iguala a suma entre PSOE e Unidas Podemos, por unha banda, e PP, Ciudadanos e Vox, polo outro, estarían case igualados, o que outorgaría a PNV e partidos independentistas cataláns un papel relevante.

En cifras, o PSOE ascendería ata situarse como primeira forza política, con entre 122 e 127 escanos —dez menos que na enquisa de Sondaxe—, mentres que o PP baixaría ata quedar con entre 80 e 86.

Dciudadanos situaríase como terceira forza política, cun 15,5% da porcentaxe de voto que lle permitiría obter entre 46 e 52 escanos, mentres que Unidas Podemos quedaría como cuarta opción, con entre 34 e 40 deputados. Vox irrompería no Congreso con entre 26 e 32 deputados. Datos similares aos de Sondaxe.

Desta forma, a suma de PSOE e Unidas Podemos suporía entre 156 e 167 deputados, mentres que PP, Cs e Vox computarían entre 152 e 170. Segundo a enquisa de DYM Politics, as forzas catalás e vascas poderían ser determinantes, a expensas de que os partidos maioritarios soliciten o apoio dos indecisos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

6 Desmareado

As enquisas buscan condicionar o voto, por iso están prohibidas por lei na última semana. Ademais, amosaron moi pouca fiabilidade no pasado, sobre todo, cos partidos máis pequenos. Así que non temos que ollar pra elas coa calculadora na man. A realidade é que en Pontevedra e Coruña queda moito por definir. Creo que están infravalorando a Vox e o BNG e que esaxeran con Ciudadanos e o PSOE.

5 Enrique Iglesias

ola, soy el marginado al que no permitis publicar ni un solo comentario......De sobra sé que los negros que controlan esta página habitan en Parla, Zaragoza, Móstoles, etc...pero bueno....que sepáis que el nacionalismo galego concurre, desde hace ya mucho en una coación, el BNG, el resto o son quimeras o "mala follá". Un saludo y a votar (por supuesto a vuestros jefecillos de Alcorcón) Un saludo

4 Fran do Covelo

Parabéns a Ana Pontón e a Luis Villares! Despois de tanto traballo, sacrificio e loita acadaron a extinción do nacionalismo galego! Despois de tres décadas Galiza fica sen representantes en Madrid! Desta vez nin tapados! O millón de euros que recada En Marea polos cargos públicos, que non os toque ninguén, tratase dunha empresa familiar xestionada polos de confianza. E o outro millón que o BNG obtén, e aquí sen asco ás deputacións clientelares, vai para satisfacer as necesidades da casta. Os que saben son os líderes. Estrategas no negocio dos partidos, na colocación de clientes, da parentela, dos políticos de oficio e familia, dos profesionais, dos liberados e dos asesores. A prioridade: enganar al pobo galego para seguir chupando até a extinción total.Quen vos vote será cómplice da desfeita! Ou aspira a ser mantido, que tamén hai...

1 Desfeita

Aínda coincidindo coa crítica aos líderes nacionalistas e galeguistas, a demagoxia con que a formula cheira a campaña desinformadora. De onde saca vostede eses supostos datos sobre cadanseu millón e a contratación de familiares? Ou son verbas baleiras para desmotivar os votantes de partidos galegos?

2 Cumprido

Se o desea igual pode informarse, precisa un pequeno esforzo mental para calcular e paciencia para seguir o discurso, sobre o negocio de En Marea Podemos (e o equivalente do BNG), por exemplo en http://xosezapata.weebly.com/blog Claro que, se cadra, o máis cómodo é ignorar o que motiva os dirixentes dos partidos galegos. Ignorantes, que dicía Pondal, ben recompensados...

3 Desfeita

En Marea Podemos non existe. Podemos esta fora de En Marea despois de saboteala durante a lexislatura.

3 Argonauta

A Enquisa carece de valor para as Formacións Pequenas (paradigma: foise-lles a man co PNB: fixeron a mostraxe basca nun batzoki??)...só son 1000 intervius para todo o estado...Ah!...por último, a ver que me contesta esta: por que Anónimo e Sinónimo de Fervenasberzas en todos os sítios?

2 ANTI-CHUPADANGA

e logo había algún deputado nacionalista ultimamnte no congreso dos imputados... non creo que non, e a mareante nin e nacionalista nin se espera que sexa, alguns xa están voltando a caer nas redes de empodremios... por favor son equnisas xa sabemos o que pasou nas ultimas 0-1 escaños para o BNG estiveron asi co xogo ata que foron 6 señores... deixen de facerse eco das farsas da couce da malicia! a marea xa desapareceu xa non e nin una tormenta nun vaso de gaseosa... por favor!!! non engañen asi... e tampouco creo que chupadanga vaia sacar nada de nada... moitos iran o pepeiro lembrade o pepeiro!!!-