Gómez-Reino aposta por darlle un "recoñecemento internacional" ao galego

En Común-Unidas Podemos ve nestas eleccións dúas posibilidades: "Ou un profundo retroceso ou avanzar colectivamente".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 22/04/2019 | Actualizada ás 14:32

Comparte esta noticia

O cabeza de lista de En Común-Unidas Podemos pola provincia da Coruña, Antón Gómez-Reino, asegurou que nestas eleccións só existen "dúas posibilidades". "Unha de profundo retroceso e outra, avanzar colectivamente", dixo ao presentar as súas propostas en materia de cultura nun acto na Fundación Luís Seoane.

Na súa intervención, instou a lograr "unha maioría política" que permita levar a cabo "avances en materia democrática" e a ir "máis aló" no ámbito da cultura xa que considerou que nesta lexislatura só houbo "pequenos avances".

Entre eles, citou o Estatuto do Artista, aínda que incidiu en que fan falta non só "normas", senón tamén "recursos e decisións executivas" para que iniciativas deste tipo cheguen aos interesados. "Para a protección dos traballadores da cultura", sinalou Gómez-Reino, quen fixou tamén como "prioridade" potenciar dentro do cinema o uso das linguas cooficiais do Estado. "Falta un apoio decidido á produción en lingua galega", lamentou.

Ademais, avogou por traballar para que o galego teña "un recoñecemento internacional" ou polo fomento do seu uso nas administracións do Estado, citou entre outras das súas propostas.

LEI PARA VÍTIMAS DO FRANQUISMO

Pola súa banda, o número dous da candidatura pola Coruña, Loreto Taibo, explicou que no seu programa expoñen crear "unha lei integral de memoria, de recoñecemento e reparación das vítimas do franquismo e a transición".

"A lei actual quedou insuficiente en moitas cousas e nunca se lle dotou do orzamento necesario", apuntou. Na mesma liña, dixo que apostan por "recuperar os bens patrimoniais expoliados polo ditador Franco", entre os que citou o Pazo de Meirás ou as figuras do Mestre Mateo. Tamén propuxo "a nulidade das sentenzas de xuízos franquistas inxustos".

Antón Gómez-Reino, líder de Podemos Galicia e deputado de En Marea. EN MAREA - Arquivo
Antón Gómez-Reino, líder de Podemos Galicia e deputado de En Marea. EN MAREA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 uu1

Palavras de Carballo Calero “O castelhano é o romance mais estendido polo mundo, a continuação está o galego se não o quebramos do galego-português” Primeiro por ver na televisão e no cinema as versões do português do Brasil, segundo adaptação da ortografia galega a “etimológica” que coincide com a portuguesa. A partires daqui, todo dependera dos galeg@s, queremos liberdade!!! Não mais promessas valeiras!!!

2 NACIONALISMO SI

Votar por expañol e darlle un futuro negro a Galiza... non voten a quennes nos levan a ruina negra!!! nin un voto a podremios, chupadangas, navoxismos, pepeiradas, e pe$oume... (un-ha vez voteinos e pe$oume para toda a vida) ... a mareante non e de fiar, hoxe galegos maña expañois... SOAMENTE QUEDA O NACIONALISMO O BLOQUE O CxG...

1 Perssoa

Que comece por falalo, o seu é de urbanita neofalante sen gañas (nivel feijojojó). E internacionalmente o galego chámase portugués e ten recoñecemento dabondo, que propoña unha reforma ortográfica da normativa españolista do castrapo (eu estou nelo pero iso iría contra a súa ideoloxía de colonizado por Madrid... e Suiza). E inmersión lingüística dos cativos xa! Em galego!