O PPdeG denuncia a "interpretación restritiva" do Goberno sobre a categoría de familia numerosa de tipo especial

Os populares reclaman que esta condición se manteña cando un dos fillos cumpra as condicións de "idade, convivencia ou dependencia".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/04/2019 | Actualizada ás 15:02

Comparte esta noticia

A viceportavoz parlamentaria do PPdeG, Paula Prado, instou ao Goberno central a reconsiderar a "interpretación restritiva" que realiza da lei sobre a categoría de familia numerosa de tipo especial, un problema "que afecta a máis de 2.200 familias" en Galicia que perderon esta consideración cando os irmáns maiores deixaron de cumprir cos requisitos.

PPdeG
PPdeG | Fonte: Europa Press

Nunha rolda de prensa celebrada este luns, Paula Prado presentou unha proposición non de lei que os populares levarán ao próximo pleno do Parlamento e na que piden á Xunta que manteña a categoría de familia numerosa especial cando un dos fillos "cumpra" coas condicións de "idade, convivencia ou dependencia dos pais".

Segundo explicou, a "interpretación restritiva" que realiza o Goberno sobre unha reforma da lei aprobada en 2015 provoca que estes núcleos "perdan" a consideración de "especial", aínda que o título de familia numerosa mantense. "Esta situación está a xerar unha discriminación no seo destas familias, que ven con impotencia como os irmáns menores que xeraron o dereito a ese título de familia numerosa de categoría especial, despois non poden gozar deses beneficios que o título lles confire", remarcou Prado.

Tras pór o foco en que xa existen sentenzas que dan a razón ás familias afectadas de acordo a unha recomendación efectuada polo Defensor do Pobo, a popular reclamou ao Goberno central que "flexibilice" a interpretación da lei.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta