Villares lamenta a "ausencia" de Galicia nos debates televisivos, que cualifica de "estafa piramidal"

O portavoz de En Marea di que "fan crer que hai unha democracia, pero esa democracia non é tal cando non escoitan todas as voces da cidadanía".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 22/04/2019 | Actualizada ás 20:21

Comparte esta noticia

O portavoz de En Marea, Luís Villares, lamentou a "ausencia" de Galicia nos debates electorais que se celebran este luns e o vindeiro martes que, para o maxistrado lucense, constitúen unha "estafa piramidal porque fan crer que hai unha democracia, pero esa democracia non é tal cando non escoitan todas as voces da cidadanía".

Luís Villares, portavoz de En Marea.
Luís Villares, portavoz de En Marea.

Villares pronunciou estas palabras durante a súa intervención nun mitin electoral celebrado na súa cidade natal, Lugo, onde arroupou aos candidatos de En Marea pola provincia lucense, na que Cristina Pérez e Vitoria Esteban figuran como número un ao Congreso e ao Senado, respectivamente.

Ante a "ausencia" dos "problemas de Galicia" no debate político a nivel estatal, Villares reivindica En Marea como "a única forza que buscas solucións aos problemas galegos, e que ao mesmo tempo é capaz de negociar coas forzas de carácter estatal".

Tras denunciar o "nulo interese" polas necesidades dos galegos por parte dos partidos de ámbito estatal con "visión centralista", o maxistrado en excedencia reclamou o voto para a formación que encabeza para así facer que Galicia "non falte na política do Estado".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Alberte

Nulo interese de quen? Dos teus amigos até antonte? Dos teus compañeros no Hórreo? Para defender os intereses de Galiza xa está o BNG, que poderá negociar co PSOE, sen ter que se abaixar ante o Amo Pablo