Os emigrantes pasan de votar

Só un 5% dos emigrantes galegos solicitou votar. O principal motivo son as dificultades que existen para exercer o dereito ao voto.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2019 | Actualizada ás 11:43

Comparte esta noticia

Un total de 22.228 galegos da diáspora, rexistrados no censo de residentes ausentes --aqueles emigrantes que viven fóra de España ou os seus descendentes con nacionalidade española-- solicitaron o voto para as eleccións xerais do próximo domingo. Isto supón que apenas o 4,85 por cento das 458.180 persoas que podían exercer este dereito decidiu finalmente pedir as papeletas.

Así se desprende dos datos publicados este martes polo Instituto Nacional de Estatística (INE), despois de que o pasado 30 de marzo queda pechado o prazo para que o colectivo da diáspora solicitase exercer o seu dereito a voto por correo. O prazo para depositar o voto en urna finaliza este mércores día 24, catro días antes de que se celebren os comicios en urna en territorio español.

Nas eleccións do 26 de xuño de 2016, os residentes ausentes que pediron o voto por correo caeron a 20.082, 2.471 menos que as 22.553 peticións rexistradas para as eleccións de decembro que deron lugar á lexislatura errada.

Desta maneira, coas 22.228 solicitudes que se rexistraron, de confirmarse estes datos provisionais, subiría lixeiramente o número de persoas que pediron exercer o seu dereito con respecto a xuño de 2016. Concretamente, supón unha subida do 10,7%.

POR PROVINCIAS

Por provincias, os electores da diáspora adscritos á da Coruña acumulan o maior número de solicitudes, con 8.204 persoas do total de 158.530 chamadas ás urnas (5,17%). Séguelle Pontevedra, con 6.917 electores que solicitaron votar dos 132.273 (5,23%).

En Ourense, un total de 4.349 residentes ausentes pediron exercer o seu dereito ao voto, do censo de 100.649 (4,3%); mentres que dos 66.728 electores posibles en Lugo , solicitaron facelo 2.758 persoas (4,1%).

28A.- PSOE, En Marea e BNG abren en Santiago, PPdeG na Coruña, Unidas Podemos en Vigo, e Cs no catro provincias. EUROPA PRESS - Arquivo
28A.- PSOE, En Marea e BNG abren en Santiago, PPdeG na Coruña, Unidas Podemos en Vigo, e Cs no catro provincias. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta