Atopada a moza do Carballiño desaparecida "de forma voluntaria"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2019 | Actualizada ás 12:49

Comparte esta noticia

A moza de 29 anos Cristina Moleiro San Emeterio, do Carballiño (Ourense), chamou á Garda Civil para informar da súa marcha de forma voluntaria, despois de que se pediu colaboración cidadá para a súa localización.

Segundo informa a Garda Civil, a moza compareceu ante unha patrulla da Policía Nacional en Ourense, de forma que se anula a requisitoria para a súa procura.

"Non é a primeira vez que se ausenta do domicilio familiar, senón que é reincidente", aseguraron a Europa Press fontes da Garda Civil. A moza faltaba do seu domicilio desde o pasado martes, 16 de abril.

A Garda Civil pide colaboración para localizar a unha moza do Carballiño desaparecida 'de forma voluntaria'. GARDA CIVIL
A Garda Civil pide colaboración para localizar a unha moza do Carballiño desaparecida 'de forma voluntaria'. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

A Garda Civil pedira a colaboración cidadá para a súa localización e activouse o protocolo de desaparición que leva a cabo nestes casos e solicitou a colaboración cidadá.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta