Feijóo irá a Madrid para apoiar a Casado nun peche de campaña

O PP pídelle aos militantes que "non esquezan levar a bandeira de España".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2019 | Actualizada ás 15:02

Comparte esta noticia

O presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, estará presente este venres no peche de campaña do PP nacional, que se celebrará nun acto no 'WiZink Center', antigo Palacio dos Deportes de Madrid, con capacidade para unhas 15.000 persoas.

Segundo confirmaron fontes do partido, o dos Peares fará un percorrido --aínda non pechado-- por varias cidades galegas no último día da campaña para as eleccións xerais, aínda que pola tarde acudirá á capital estatal para apoiar a Pablo Casado como candidato á Presidencia do Goberno.

No 'WiZink Center' tamén estarán presentes o secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, ademais dalgún presidente provincial do partido na Comunidade.

A dirección nacional do PP está a mobilizar aos seus territorios para que asistan ao acto, de forma que non está previsto que haxa mitins de peche nas distintas provincias, segundo informaron a Europa Press fontes do partido a nivel nacional.

Desta forma, buscarase dar un protagonismo absoluto a Pablo Casado con este broche final de campaña electoral, despois de actos en formato máis reducido en diferentes prazas de España nos que reuniu de media entre 1.000 e 2.000 persoas.

PIDEN AOS ASISTENTES NON ESQUECER A BANDEIRA ESPAÑOLA

Nas redes sociais empezou a circular unha mensaxe do partido no que anima aos seus afiliados e simpatizantes a acudir a este acto. "VeN a dicirlle adeus a Sánchez el grande! Ven ao peche de campaña! Valor seguro", sinala.

No mesmo mensaxe, o PP pide ademais aos asistentes que non se "esquezan" da bandeira de España porque "hai moito que celebrar". "DJ, photocall, actuacións en directo e moitas sorpresas máis", engade o partido.

O líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, participa nun mitin xunto ao presidente do PP, Pablo Casado, e outros dirixentes do PPdeG en Santiago de Compostela. César Arxina - Europa Press
O líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, participa nun mitin xunto ao presidente do PP, Pablo Casado, e outros dirixentes do PPdeG en Santiago de Compostela. César Arxina - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 AcaparadorFeijoo

caghiná, quería mercar un jarsé desos de colo alto e non hai dios que os atope porque feijóo quedou con todos. A ver se deixamos algo para os demais, eh!