O parlamento titere da Galiza governado polo nazionalismo espanhol é do mais patético que há. Quanto mais vam tardar os galegos em acordar, tam profunda foi a colonizaçom e o auto-ódio inculcado? Pena de pais.
Os que alí están van a cobrar, a prioridade para o PP, PSOE e BNG e colocar mantidos. Logo o parlamentiño cumpre a súa función.
O traballo nos parlamentos burgueses é necesario, neste caso nunha institución do estatuto autonómico outorgado e dependente do parlamento español, onde tamén é necesario traballar e ter presenza. E que non queredes saber nada de Lenine, e menos de Paco.Os mantidos son necesarios para manter a organización forte e refractaria a todo intento de infiltración antigalega. Mira que sodes duros de cachola.
vaia estúpidez, falar parvadas de Lenin sen vir a conto, como decía Lenin sodes o que Lenin chamaba parvos útiles da burguesía, atacade os xa desprestixiados parlamentos burgueses cando as oligarquias xa decidiron que non necesitan de estados nin gobernos pró seu novo orde mundial de anarcocapitalismo. Un que sabe ten unha doenzaa obsesiva compulsiva que faino repetir os mesmos post no diferentes artigos. Faite mirar, antes de que privaticen a psiquiatria.
Xa, o que farei e cair no solipsismo para así creerme que o mundo existe porque eu o penso. Non existen outros cauces, sabes tí dalgún outro máis combinar a loita de frente político, económico e cultural mediante as institucións legais establecidas mentres non exista unha maioria social que pule pola destrución destas institucións para crear outras que si nos sirvan? O Estado e a Revolución meu. Anarcocapitalismo, pois vivimos na dictadura da anarquia logo, que no fondo é idealismo, según tí. Centralízase o poder da mesma dictadura das oligarquias e hai que actuar na realidade que temos. Menos eufemismos. Viva o partido cós seus mantidos.
ti vives o sono dos xustos, imos cara un fascismo descarado, fascismo que sempre fascinou os burgueses, tan só o avance do exercito vermello fixóos recapacitar, un estoupido social é imparable, aveciñanse anos de revoltas e loita que desembocaran nun novo esceario, o que compre é mais dialéctica cientifica, ler mais a Lenin e menos sofismas e nunca coincidir cos intereses da burguesía en ningúnha das suas variantes, pra non facelos mais fortes.
só unha mixtura de revoltas sociais que troquen o status e que leven a unha maioría nas institucións burguesas dos verdadeiros representantes do pobo, pode facer trocar estas institucións pra que sexa un instrumento do proletariado, é a miña opinión, por eso coido que non se deben atacar ditas institucions sen acabar antes co poder da burguesía. Anarcocapitalismo é un sistema ídeal prós burgueses, sen regras, nin intermediarios, que os acordos sexan entre traballador i empresario, en realidade unharelación viciosa que está pervertida dende o principio como esplicou Marx co seu traballo alienado, porque o traballador ten que aceptar o que lle ofrezan pra poder vivir, mentras que o empresario ten os excedentes e medios de producción pra poder sobrevivir.
Nin levar a unha maioria ás institucións burguesas para trocar estas institucions instrumento do proletariado será a túa opinión,pero non foi nin o que escribiu Lenine nin o que fixo. Ademáis escribiu arreo sobor a deturpación do marxismo polos oportunistas, no seu tempo adicouse bastante a deixar en pelotas a kautsky o renegado como lle chamaba.
Levar a unha maioria ás institucións burguesas para trocar estas institucions instrumento do proletariado será a túa opinión,pero non foi nin o que escribiu Lenine nin o que fixo. Ademáis escribiu arreo sobor a deturpación do marxismo polos oportunistas, no seu tempo adicouse bastante a deixar en pelotas a kautsky o renegado como lle chamaba
Lenin decia que habia que destruir as institucións, o estado burgués para crear algo novo, o estado do proletariado. Basándose en Marx decia que só era posíbel mediante a violencia, destruir a máquina do estado máis concretamente, destruir a dictadura burguesa para impoñer a dictadura proletaria, a sociedade socialista como transición á sociedade comunista. Ai, canto menchevique arteiro. De todos xeitos o partido sectario có guia levará á Galiza a ser unha dictadura do proletariado, ou se non che gusta así chámolle democracia popular, que é o mesmo por si non o sabes. Viva as liquidacións inxustas de militantes dentro do partido a favor de mantidos oportunistas, é mellor telos na casa que por ahí conspirando, ou no partido realmente somos todos uns pancistas? A esquizofrenia de novo, disculpas, ou non.