Rajoy monopoliza o pleno de Orzamentos

Estaba a máis de 500 quilómetros de distancia, pero Mariano Rajoy foi o protagonista do debate sobre a Lei de Orzamentos de Galicia no Pazo do Hórreo. "“Ao presidente da Xunta e á presidenta da Cámara páganlle por estar aquí", denuncia a oposición.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 20/12/2011 | Actualizada ás 17:18

Comparte esta noticia

E todo porque o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a presidenta da Cámara galega, Pilar Rojo, decidiron este martes acudir ao Congreso dos Deputados de Madrid para asistir á investidura de Rajoy como novo presidente español.

None

“É escandaloso que a presidenta non estea hoxe nesta Cámara nun debate de tanto interese”, espetou a socialista María José Caride durante o debate en pleno. Unhas acusacións que tamén compartiron os seus colegas Méndez Romeu e Pablo López Vidal, que mesmo acusou a Feijóo de acudir a un “acto partidista” e de abandonar aos galegos.

O líder nacionalista, Carlos Aymerich, ironizou coa “gran embaixada” de galegos en Madrid e suliñou que, as contas galegas, terán que ser revisadas en abril “na liña do anunciado” por Rajoy no seu discurso do luns.

"Modelo a copiar"

E é que as medidas anunciadas polo líder do PP en Madrid fundamentaron parte das intervencións dos deputados galegos. “Agora xa teñen vostedes un modelo que copiar”, engadiron os nacionalistas en alusión aos recortes anunciados por Rajoy.

Será o mellor presidente de España e ademais será galego”, respostou o popular Alejandro Gómez que lle reprochou á oposición a súa oposición a que “un galego sexa o futuro presidente de España”. Ademais, quixo deixar claro que Rojo e Feijóo foron a Madrid a un “acto institucional”. 

 “Seguro que Rajoy o nomea ministro e espero que de Fomento para que traia o tren que tanto pediu estando na oposición”, respostoulle a nacionalista Teresa Táboas. “Ao presidente da Xunta e á presidenta da Cámara páganlle por estar aquí e non por ir a una tribuna a Madrid a aplaudir. Non é un acto institucional. Pareceme impresentable”, engadiu López vidal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 27 comentarios

4 GALEGO

Mais cedo que tarde, estos caban a sua tumba. Agardar, agardar, que Frijolito esta a caer. E que ninguen pense que vamos a tardar 4 anos mais en tomar o poder, e botalos a dende ten que estar na sua amada Madrid.Eu cada vez o tiña mais claro, non aguantan moitos anos mais.

1 Xandokas

...estás a padecer un "delirium tremens". Non te retires do alcohol de golpe, faino paseniñamente.....

2 uncalquera

O PP, por moito que nos fastidie, seguirá no poder, faga o que faga. Mentres a outros, se lles castiga TODO (BNG)a outros se lles perdoa TODO (PPSOE).

3 Antón

non sei se agoantaran os 4 anos, todo depende de que fagan o que lle mandan os mercados ou éstes poñerán un dos seus tecnócratas de Goldman Sachs, como fixeron en Grecia e Italia, o que é indudable é que vai a ver revoltas e loiya a moreas nas rúas, poloo van necesitar moitas porras e moita represión pra poder aguantar, se aguanta, algúns xa lle chaman a Rajoy, Marianico o breve ou o corto, ainda que ésto non sei se é polo seu coeficiente mental.

4 Bruar

que equivocado estás Antón, e desculpa que cho diga así. Pensas en revoltas cívicas e o poder nas manifestacións cidadáns. Pensa que foron eses mismos cidadáns os que maioritariamente lles deron o seu apoio, para calmalos só bastará dicirlles que teremos dous anos de axustes "duros" e outros dous anos de lexislatura pra recuperar. O algoritmo é tan sinxelo, pero á vez tan certo que non cabe outro camiño. Pode haber folgas, pode haber protestas, pero calquera cousa será aceptada simplemente con dicir que estamos neses dous anos de axustes. Para cando o plazo caduque estaremos no 2013 e evidentemente todo irá mellor. É un tema de principios ideolóxicos e si a cidadanía renunciou a eles agora, tamén o fará no futuro.

5 non debin de nacer

Porque o poder non o ten o povo, e para iso debe estar organizado. Pero organizarse e agotador. Deixade aos políticos que andan metidos nesas vidas pouco saudabeis, que fagan. Ai, vou tomar a pastilla, pensarei na bandeira do partido solapando á patriótica. Teño un vaso có fondo coa cara de Stalin. Viva o partido e a sua forma de aburrir á xente con ilusión, viva Paco por ser tan desagradable.

3 Costadamorte

E que coño fixo a oposición que non forzou votacións a esgalla sobre as suas enmendas?... Hai que lembrar cando o PNV aprobeitou un retraso de Mayor Oreja para aprobar uns presupostos e ao tempo rematar a carreiro política en Euskadi de "retrasado"... Pois sei que agora estan no Parlamento Galego 38 a 37, si Feijoo e Pinini estaban nos Madriles e non no Parlamento... zas!... se para de falar e se forzan votacións a toda hostia!, e ao voltar Feijoo se topa con presupostos enmendados e goberno desbaratado!...

1 Fidel Castro

estás seguro que as propostas non levan un proceso? estar na orde do día ou así? e tiñan o nº de membros suficientes pra gañala?unha cousa é aproveitar que fallen uns deputados pra forzar unha votación previamente autorizada e outra ben distinta aproveitar pra pedilo cese de Feijóo, por exemplo. Se algúns asinaran co seu verdadeiro nome pensariano antes de emitir un comentario.

2 Costadamorte

Home, xa sei que unha moción de censura non poden presentar, pero era un pleno de presupostos, e as votacións en pleno son ao rematar o debate, no caso que pusen de exemplo, os do PNV sei que renunciaran a defender enmendas e a turnos de intervención para adiantar as votacións... Evidentemente non sei como foi o pleno, pero era unha oportunidade caralluda para polo menos pegarlle un susto a Feijoo e que vira que non pode andar todo o día promocionandose nos Madriles e desatendendo o choio... (Outra cousa era si algún dos deputados da oposición tamén fallaba no pleno, entón non fixemos nada)...

2 Antón

aproveitade fascistas, mais cedo ou tarde haberá un estoupido social que vos poñerá no voso sitio.

1 Chuzos de Ponta

Penso que os mandris passaram-no muito bem polos madris, escutando cousas como esta: http://www.youtube.com/watch?v=YC1C... http://www.youtube.com/watch?v=mftV...