Os grupos políticos de Compostela reclaman que Aena manteña as condicións da cantina de empregados de Lavacolla

Representantes dos catro grupos do Concello protagonizaron este mércores en Santiago de Compostela un acto de apoio aos traballadores do aeroporto.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2019 | Actualizada ás 13:48

Comparte esta noticia

Os grupos políticos que conforman a corporación municipal do Concello de Santiago impulsaron unha declaración conxunta en apoio ás demandas dos traballadores do Aeroporto de Lavacolla, actualmente Rosalía de Castro, para que se manteñan as condicións actuais de servizo do comedor que se proporciona na cantina.

Pista Da Nova Terminal Do Aeroporto De Lavacolla. EUROPA PRESS - Arquivo
Pista Da Nova Terminal Do Aeroporto De Lavacolla. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Os traballadores contan actualmente cun servizo nesta cantina a prezos alcanzables e adaptados. A polémica xurdiu ante a intención da entidade xestora, AENA, de sacar a licitación o servizo de restauración para segregar o que se presta hoxe en día (por unha banda o tres cafetarías de uso público e por outro a citada cantina).

O persoal do aeroporto denunciou o risco de que a licitación desta última, a cantina, quede deserta por ser de menor atractivo comercial para as empresas, o que levaría a graves prexuízos e agravios para os traballadores e perda de poder adquisitivo, ao verse obrigados a acudir aos servizos do público xeral a prezos "desorbitados", como cualificaron o pasado luns nunha rolda de prensa.

"Os traballadores non se poden permitir o luxo de pagar eses altos prezos", denunciaron os sindicatos, defendendo a cantina como "un servizo fundamental" a prezos "alcanzables" para moitos dos empregados que "non poden abandonar o seu posto de traballo durante a súa xornada". Por este motivo, representantes do catro grupos do Concello protagonizaron este mércores un acto de apoio a estes traballadores, coa presenza de Marta Lois (Compostela Aberta), Agustín Hernández (PP), Rubén Cela (BNG) e Gonzalo Muíños (PSdeG).

Os catro denunciaron que esta situación sería "aínda máis prexudicial" para os traballadores "máis precarizados da instalación", que teñen ata dous ou tres postos de traballos diferentes na mesma xornada laboral. Así, esixiron á dirección de AENA en Santiago que reciba á representación sindical deste colectivo para que poidan trasladar as súas preocupacións e solicitaron que introduza nos pregos de licitación do novo servizo de restauración as cláusulas necesarias para garantir o mantemento do servizo nas condicións vixentes da cantina.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta