Case un 50% menos de accidentes con feridos en Galicia esta Semana Santa

Os sinistros con vítimas pasan este ano de 85 a un total de 45. En canto a vítimas mortais, o número descende de tres a dúas, con dous falecidos na provincia de Pontevedra.

Por E.P. | A CORUÑA | 24/04/2019 | Actualizada ás 13:37

Comparte esta noticia

O número de accidentes en Galicia en Semana Santa descendeu este ano respecto de 2018, cun total de 220 fronte aos 374 do ano anterior. Tamén o fixeron os accidentes con vítimas, que pasaron de 85 a 45; mentres que os mortais diminuíron ao situarse en dous fronte ao tres do ano anterior, segundo informa a Delegación do Goberno en Galicia.

Os dous accidentes mortais rexistráronse na provincia de Pontevedra, que o ano pasado non tivo ningún. En concreto, foron unha saída de vía dunha motocicleta na estrada PO-548 no municipio de Catoira, co resultado dunha persoa falecida, muller de 52 anos, pasaxeira, que facía uso do casco.

A outra vítima foi nunha colisión frontal dun turismo contra un muro nunha estrada provincial de Marín, no que faleceu o condutor, un home de 38 anos, que facía uso do cinto de seguridade. No que se refire ao número de falecidos en Galicia nestas datas, é a mesma cifra que en 2017, pero unha menos que o pasado. Segundo o informe achegado pola Delegación do Goberno, segue por encima da cifra rexistrada fai seis anos, cun morto en 2013.

DATOS POR PROVINCIAS

De acordo os datos facilitados, en Galicia houbo este ano en Semana Santa 220 accidentes, deles 45 con vítimas. Aos dous falecidos, sumáronse seis feridos graves e 57 leves. Son cifras máis baixas respecto de 2018 cando houbo 374 accidentes; 85 con vítimas e un total de tres falecidos. Houbo ese ano 12 feridos graves e 129 leves.

Por provincias, na Coruña houbo 74 accidentes, con 18 vítimas e catro feridos graves e 18 leves; 38 sinistros en Lugo, con cinco accidentes con vítimas, e oito feridos leves. En Ourense, 50 accidentes, dous con vítimas e dous feridos leves. En Pontevedra, foron 58 os accidentes, nos que houbo 20 con vítimas, con dous falecidos, dous feridos graves e 29 leves.

GARDA CIVIL
GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta