Villares critica que "non se falou" de cuestións fundamentais para o emprego galego no debate

O portavoz de En Marea denuncia a ausencia de cuestións como a automoción ou a construción naval no debate electoral do martes.

Por E.P. | VIGO | 24/04/2019 | Actualizada ás 13:56

Comparte esta noticia

O portavoz de En Marea, Luís Villares, volveu a criticar a ausencia de Galicia nos debates dos candidatos de PP, PSOE, Cidadáns e Unidas Podemos, e lamentou que, este martes, novamente "non foron postos sobre a mesa" problemas que afectan os galegos e cuestións das que dependen miles de empregos.

PAULA XUSTO-EUROPA PRESS
PAULA XUSTO-EUROPA PRESS | Fonte: Europa Press

Así o manifestou a preguntas dos medios sobre o debate 'a catro' celebrado este martes, tras manter unha reunión en Vigo con representantes de traballadores do sector da automoción. Luís Villares apuntou que, de novo este martes, quedaron fóra do debate cuestións como a automoción ou a construción naval, "e disto tíñase que falar porque dependen miles de postos de traballo, e ningún do catro partidos presentou solucións".

Na mesma liña e en materia de infraestruturas, censurou que tampouco estiveron presentes nin a saída sur ferroviaria de Vigo, nin o Corredor Atlántico nin a conexión dos portos coa rede de ferrocarril. "Non se falou de problemas dos que dependen o futuro industrial e a creación de emprego, como nos imos a sentir representados?", cuestionou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta