O alcalde da Coruña reclama ao Goberno un estatuto electrointensivo "claro" e que dea "estabilidade"

Xulio Ferreiro reclama claridade e estabilidade para que Alcoa teña futuro e avanzou que nesta semana volverán reunirse co comité de empresa na planta coruñesa.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 24/04/2019 | Actualizada ás 14:23

Comparte esta noticia

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, volveu a reclamar ao Goberno un estatuto para os consumidores electrointensivos que facilite "un escenario de claridade e estabilidade" de face a garantir o futuro da planta de Alcoa. 

Planta de Alcoa. Europa Press
Planta de Alcoa. Europa Press | Fonte: Europa Press - Arquivo

Preguntado sobre a posible aprobación do mesmo no Consello de Ministros desta semana, Ferreiro dixo que hai que esperar a ver "a redacción final" tras as alegacións presentadas ao mesmo e que vinculou cun intento de "mellora do borrador" para corrixir "lagoas".

E é que, de novo, Xulio Ferreiro volveu a reclamar que haxa "un escenario de claridade e estabilidade". "Iso vai permitir que poidan vir investidores e que a planta de Alcoa teña futuro na fabricación de aluminio primario, que ese é o gran valor da planta". Por outra banda, avanzou que nesta semana volverán reunirse co comité de empresa de Alcoa na planta coruñesa, expuxo tras unha reunión con veciños de Feáns.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta