O Parlamento reclama unha planificación das oficinas agrarias con dotación de medios humanos e materiais

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2019 | Actualizada ás 15:02

Comparte esta noticia

O Parlamento galego reclamou este mércores --tras unha iniciativa do PSdeG-- realizar unha análise este ano da situación actual das oficinas agrarias comarcais, así como elaborar unha planificación para o seu correcto funcionamento, "dotándoas dos medios materiais e humanos necesarios para o desenvolvemento das súas funcións".

Na Comisión de Agricultura, o portavoz de Agricultura do PSdeG, Raúl Fernández, acusou á Xunta de ter abandonadas estas oficinas e de relegalas a meras "xestoras de tramitación". Neste sentido, resaltou a "función chave" destas oficinas como "servizo público de referencia e proximidade para a dinamización do rural e o asesoramento dos gandeiros e agricultores".

Respecto diso, o deputado popular Moisés Branco Paradelo defendeu que a Consellería de Medio Rural "xa está a traballar na redacción dun estudo de reestruturación das oficinas agrarias comarcais, que permitirá adaptar á realidade actual a situación e os servizos que prestan estas oficinas".

Tractores
Tractores

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta