A Xunta amplía o prazo para solicitar as axudas da PAC

O prazo inicial vencía o 30 de abril e agora irá ata o 7 de maio. Deste xeito, tense máis marxe para atender as preto de 30.000 solicitudes de agricultores e gandeiros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2019 | Actualizada ás 18:27

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural amplía o prazo para a presentación en Galicia da solicitude única de axudas da Política Agrícola Común (PAC) ata o próximo sete de maio, incluíndo este día.

Esta medida, indicou a Xunta, adóptase para facilitar o traballo e as xestións das entidades colaboradoras que están a tramitar estas axudas, de forma que teñan máis marxe para atender as solicitudes de preto de 30.000 agricultores e gandeiros. O prazo inicial para presentar as ditas solicitudes terminaba o vindeiro martes, 30 de abril, polo que se amplía unha semana máis.

O pasado 31 de xaneiro saía publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) a correspondente orde da Consellería do Medio Rural pola que se regula a aplicación dos pagos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control, no marco da PAC. Do orzamento previsto para esta convocatoria 2019-2020, o 80% correspóndese aos pagos directos da PAC e o resto ás medidas de desenvolvemento rural.

A xunta amplía o prazo para solicitar axuda das PAC
A xunta amplía o prazo para solicitar axuda das PAC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta