Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2019 | Actualizada ás 11:51
Galicia rexistrou un saldo positivo en 181,14 millóns de euros do comercio exterior de produtos de alta tecnoloxía, segundo os datos que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE).
En concreto, exportou por valor de 364,12 millóns de euros e importou por 182,98 millóns de euros, de aí ese saldo positivo en 181,14 millóns. Por segmentos, o saldo foi negativo en 23,63 millóns en instrumentos científicos, en 9,87 millóns en maquinaria e equipo informático, en 8,07 millóns en maquinaria de oficina e equipo informático, en 2,89 millóns en construción aeronáutica e espacial e en 1,36 millóns en armas e municións.
Pola contra, positivo en 199,23 millóns foi o saldo en produtos químicos e outro dato destacado neste lado foron os 24,46 millóns en produtos farmacéuticos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.