As xuntas electorais aceptaron o voto por correo de 89.677 persoas en Galicia

As xuntas electorais aceptaron o voto por correo de 89.677 persoas na Comunidade galega, segundo informou este venres a Delegación do Goberno en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2019 | Actualizada ás 11:46

Comparte esta noticia

As xuntas electorais aceptaron o voto por correo de 89.677 persoas na Comunidade galega, segundo informou este venres a Delegación do Goberno en Galicia. En concreto, son 66.291 residentes en España que non poderán acudir aos seus locais electorais este domingo os que o solicitaron, 22.228 residentes ausentes e 1.148 residentes en España que se atopan temporalmente no estranxeiro.

Este domingo poden votar 2.698.525 persoas en Galicia que están chamadas ás urnas, das que son residentes en Galicia 2.240.616 e 457.909 viven no exterior. Ademais, 58.093 deles son novos que votan por primeira vez ao cumprir 18 anos desde os últimos comicios, concretou a Delegación do Goberno.

Este domingo os galegos elixirán a un total de 23 deputados e deputadas: oito na provincia da Coruña, sete en Pontevedra, catro en Lugo e catro en Ourense. Tamén escollerán a 16 senadores: catro por provincia, á marxe dos senadores elixidos por designación autonómica.

En total proclamáronse 49 candidaturas ao Congreso e 47, ao Senado. Galicia contará con 3.956 mesas distribuídas en 2.416 locais electorais e haberá dispoñibles 7.912 urnas e 3.956 cabinas para elixir as papeletas.

PAPELETAS E MESAS

En total, destacou a Delegación do Goberno en Galicia, imprimíronse 27 millóns de papeletas para o Congreso e 2,4 millóns de papeletas para o Senado. Estas mesas estarán atendidas por 11.868 membros de mesa, que foron xa seleccionados e por 2.622 representantes da Administración, que "se encargarán de verificar a correcta apertura das mesas, resolver incidencias e recoller os datos do reconto de voto", explica a Delegación.

Ademais, respecto das persoas con discapacidade visual, indica que se recibiron 33 solicitudes en toda Galicia para usar os kits de accesibilidade que permiten a estas persoas exercer o seu voto.

O dispositivo de seguridade para a xornada electoral contará cun total de 6.915 efectivos das Forzas e Corpos de Seguridade, entre Garda Civil, Policía Nacional, Policía Autonómica e Policía Local.

Tramitadas 21.148 solicitudes de voto por correo en Navarra, 18.646 desde España e 2.502 desde o exterior. CORREOS - Arquivo
Tramitadas 21.148 solicitudes de voto por correo en Navarra, 18.646 desde España e 2.502 desde o exterior. CORREOS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta