Temas: ACCIDENTE 112

Un falecido en Carballo nun accidente caseiroo

Un particular púxose en contacto co servizo ao redor das 13,00 horas para alertar da caída do home nunha fosa séptica, cuns dous metros de profundidade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2019 | Actualizada ás 16:31

Comparte esta noticia



Un home de 82 anos faleceu no mediodía deste venres en Carballo (A Coruña) ao caer no interior dunha fosa séptica dentro da súa vivenda, no lugar de Sofán.

Segundo informou o servizo de emerxencias do 112 Galicia, un particular púxose en contacto co servizo ao redor das 13,00 horas para alertar da caída do home nunha fosa séptica, cuns dous metros de profundidade.

O 112 transmitiu o aviso ao 061 Urxencias Sanitarias, aos bombeiros de Bergantiños, á Garda Civil e a Protección Civil de Carballo.

Con todo, os servizos sanitarios desprazados ata o lugar xa non puideron facer nada para salvar a vida do home, que faleceu no punto.

A vivenda estaba suituada en Troián do Medio, na parroquia de Sofán e o falecido é un home de 82 anos, R.I.F., veciño da localidade, segundo precisou Protección Civil.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112 | Fonte: E.P.

Temas: ACCIDENTE 112
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta