Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/04/2019 | Actualizada ás 14:59
O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, abordou este sábado cos profesionais dos servizos sociais comunitarios de Lugo as novidades que se recollen no decreto que desenvolve a Lei de Inclusión Social de Galicia, entre as que se atopan a implantación de novos tramos da Renda de Inclusión Social de Galicia (Risga).
Así o fixo Parrado nunha reunión informativa que se desenvolveu na delegación territorial da Xunta na cidade amurallada onde, acompañado por técnicos da Consellería de Política Social, indicou que o obxectivo desta sesión foi explicar aos profesionais que traballan no ámbito dos servizos sociais dos concellos este novo texto normativo, que regula tanto a Renda de Inclusión de Galicia como as Axudas de Inclusión Social (AIS).
"Trátase de que o persoal técnico das administracións autonómica e municipal poñan en común todos os aspectos necesarios de face á próxima implantación de dous novos tramos que se contemplan na Risga, dirixidos a incentivar a procura de emprego", subliñou o Executivo galego nun comunicado.
Así mesmo, destacou a utilidade desta sesión para "avanzar nos mecanismos de coordinación entre Xunta e concellos relacionados co desenvolvemento dos programas de inclusión", así como na procura de mellorar a resposta que se lle dá ás persoas usuarias.Ademais desta xornada divulgativa en Lugo, o director xeral de Inclusión tamén mantivo encontros similares na Coruña, Pontevedra e Ourense.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.