O mapa do voto á ultradereita en Galicia

Galicia foi a cuarta autonomía con menor porcentaxe de votos a Vox, por detrás de País Vasco, Cataluña e Navarra. As provincias galegas do norte deron máis apoio á extrema dereita. Por cidades, Vigo foi onde menos porcentaxe acadou, mentres que Lugo, Ferrol e A Coruña sitúanse como as urbes con maior apoio ao neofascismo.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 29/04/2019 | Actualizada ás 13:57

Comparte esta noticia

Galicia resistiu contra o avance da ultradereita en España. Aquí, Vox non obtivo ningún representante, malia que algunhas enquisas lle deban polo menos un escano, pola provincia da Coruña. Fallaron.

28-A.- Vox lembra que a JEC aceptou a Podemos e Cidadáns en debates cando non tiñan representación no Congreso. Photogenic
28-A.- Vox lembra que a JEC aceptou a Podemos e Cidadáns en debates cando non tiñan representación no Congreso. Photogenic | Fonte: M.A Santos - Europa Press

En total, en España Vox conseguiu 2.677.173 votos, que representan o 10,26% dos sufraxios. En Galicia acadou 86.126 votos, o que representa tan só un 5,27% dos sufraxios. Estes resultados colocan a Galicia como un dous poucos fortíns en España contra o neofascismo, que conseguiu escanos en todas as comunidades autónomas, agás na galega, País Vasco, Navarra, La Rioja, Cantabria e Canarias. 

Con todo, non son os escanos, senón a porcentaxe de voto o que axuda a describir o nivel de apoio que recibe a extrema dereita en distintos puntos do Estado. Así, por exemplo, malia que en Cataluña a ultradereita acadou un escano, só conseguiu un 3,60% dos votos emitidos, sendo a segunda autonomía con menor porcentaxe de apoio a Vox. E, ao contrario, en Cantabria, onde non conseguiu ningún escano, a ultradereita superou a porcentaxe media de voto en España á ultradereita, cun 11,16%, insuficiente naquela rexión para acadar representación.

O grupo de comunidades autónomas con menos apoio a Vox é liderado polo País Vasco, con só o 2,21% e cero escanos para a extrema dereita. En segundo lugar sitúase Cataluña; en terceiro, Navarra (4,83% e cero escanos) e cuarta, Galicia.

Por debaixo do 10% de apoio a Vox tamén quedaron A Rioxa (8,98% e cero escanos) e Canarias (6,55% e cero escanos).

No resto do Estado, destaca a cidade autónoma de Ceuta como o maior feudo da ultradereita, cun  23,96% dos votos, pasando a ser a segunda forza política —tras o PSOE—, mentres que en Melilla acadou o 16,85%. 

Entre as comunidades autónomas, Murcia é a rexión con máis apoio a Vox, co 18,64% dos votos e dous escanos, seguida por Castela-A Mancha (15,29% e 2 escanos), Madrid (13,86% e 5 escanos), Andalucía (13,38% e seis escanos), Castela e León (12,30% e 1 escano), Aragón (12,20% e 1 escano); Comunidade Valenciana (12,02% e 3 escanos),  Asturias (11,49% e un escano), llas Baleares (11,28% e un escano), Cantabria (11,16% e cero escanos) e Estremadura (10,77% e un escano);    .

VOX EN GALICIA

O mapa do voto á ultradereita en Galicia pode dividirse en dúas partes: o norte, onde Vox acadou máis porcentaxe de votos, e o sur, onde logrou menos.

As provincias de Lugo e A Coruña presentan unha maior preferencia ultradereitista, co 5,74% e o 5,63% dos sufraxios para Vox, respectivamente (por enriba da media galega).

Pola contra, as dúas provincias do sur mostran porcentaxes por debaixo da media galega. En Ourense, a extrema dereita acadou un 5,11% dos votos. Pero chama especialmente a atención o caso de Pontevedra, aprovincia con menor apoio a Vox, con tan só o 4,74% (medio punto por debaixo da media de Galicia e un punto por debaixo de Lugo). Pontevedra foi, precisamente, a provincia que decidiu a histórica vitoria do PSOE sobre o PP, ao ser a única circunscrición galega na que os socialistas sacaron un escano máis que os conservadores (nas demais empataron).

Por cidades, Vox atopou o maior apoio, por esta orde, en Lugo (6,72%), Ferrol (6,61%) e A Coruña (6,52%), cidades que superan amplamente a media galega do voto á ultradereita, até un punto e medio máis.

Pontevedra (5,83%) e Ourense (5,61%) tamén se sitúan por enriba da media porcentual autonómica no apoio a Vox.

Vigo segue asegurando o seu estatus de principal praza 'vermella' e antifascista en Galicia. Na maior cidade do país, a ultradereita tan só acadou o 4,65%, a menor porcentaxe de todas as urbes, dous puntos por debaixo das cidades do norte.

Precisamente no norte, Santiago de Compostela semella unha illa. A capital foi a segunda cidade con menor apoio a Vox, cun 4,78%, por debaixo tamén da media galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Juki

Neo-fascismo? Pero iso non é o BNG?

2 lancelot

PODREMIOS... antesa do facismo... sepan que eu fun o primeiro en denúncialo!!!! (pronto daremos un.ha gran nova de interés xeral sobre a política estén atentos)

1 Sigo dicindo

Vox veu para quedarse. A comparación que fixo Tezanos coa Alemania de Hitler é un pouco xíbara, pero no fondo ten razón, como tamén apunta García Morán hoxe na Voz: o PP tende a desaparecer e os seus votantes tirarán para Vox ou Cs. Na esquerda da gusto ver aos socialistas tan alegres... Van ser sustituidos por Podemos. Cando se lles acabe o conto de Franco, Podemos recuperará os votos que leva prestados de Podemos.

1 nostrus

Xa, pero o hostion dos ultragalegos foi moi superior ao de Vox, que acadou mais do doble do fascismo separatista, ¿ou acaso os votos de Vox non valen tanto como os de Esquerra?. Por outra banda hai que recoñecer que esquerda e dereita empataron practicamente en votos e ambas andan ao redor de nove millons, polo que o goberno que se constituia ten que gobernar para todos.